Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
== A situación política ==
A [[Revolución de Febreiro]] produciu un profundo cambio político; varreu temporalmente ásas forzas á dereita dos liberais, transformados repentinamente nos novos ''conservadores'' da política nacional.<ref name="wade53">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 53</ref> Esquerda e dereita dividíronse en fraccións moderadas e radicais. As primeiras forxaron unha colación para cooperar politicamente que caracterizou o período interrevolucionario.<ref name="wade53"/> A esquerda, formada por socialistas, quedou dividida fundamentalmente en ''[[Defensismo|defensistas]]'' favorables a cooperar cos liberais e cuxa principal figura foi o [[menxevique]] xeorxiano [[Irakli Tsereteli]], e a corrente radical oposta ao Goberno provisional, formada polos [[Social-Revolucionarios de esquerda|socialrevolucionarios de esquerda]], menxeviques internacionalistas, anarquistas e, principalmente, [[bolxevique]]s, con [[Lenin]] como figura máis destacada.<ref name="wade67">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 67</ref> A primeira dominou a maioría dos soviets ata outono.<ref name="wade67"/>
 
O grupo moderado formouse pola unión oficiosa de destacados dirixentes de diversos partidos socialistas: ademais do propio Tsereteli, os [[menxevique]]s [[Nikolai Chjeidze]] ou [[Matvei Skobelev]] (presidente e vicepresidente do Soviet de Petrogrado), o tamén menxevique [[Fiodor Dan]], os [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]] [[Abraham Gotz]] e [[Nikolai Avksentiev]] (presidente do soviet nacional de campesiños), o ex-bolxevique [[Vladimir Voitinski]], o [[Partido Socialista Popular (Rusia)|socialista popular]] [[Alexei Peshejonov]] ou o [[Bundismo|bundista]] [[Mark Liber]]. Reunidos a miúdo de xeito informal na casa de Skovelev para tratar os diversos asuntos, constituían o núcleo da alianza menxevique-socialrevolucionaria que dominou a política rusa ata o outono.<ref name="wade71">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 71</ref> A súa posición política caracterizouse por:<ref name="wade71"/>
Liña 46:
* A súa intención de defender activamente o país ata a consecución da paz.
* A súa disposición a colaborar co Goberno Provisional e, a partir de maio, incluso de ingresar nel nunha coalición de liberais e socialista. A esta ía unida unha preferencia por resolver as diferenzas cos liberais mediante a negociación e certa insistencia a acudir ao apoio das masas para reforzar a súa postura, temerosos sempre de desatar unha guerra civil.<ref name="wade72">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 72</ref>
* A defensa de amplas reformas sociais e económicas, aínda que mostráronsese mostraron dispostos a pospoñer as medidas máis controvertidas ata a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] ou ata o final da contenda.
* A súa defensa do proceso democrático como base das decisións políticas.
* Un constante temor á contrarrevolución, que levounosos levou a non tomar medidas vigorosas para restaurar a orde pública ou a disciplina militar, que temían podían servir para favorecela.<ref name="wade72"/> A este temor uniuse a convicción de que o bloque non podía recibir ameazas reais da corrente máis radical.<ref name="wade72"/>
* O convencemento de que a revolución tiña un carácter burgués e que a etapa socialista non chegara aínda.<ref name="wade72"/>
 
Este bloque moderado fíxose pronto co control do [[Soviet de Petrogrado]] e multiplicouse por todo o país: dominou a maioría dos [[soviet]]s e, tralas eleccións do verán, a maioría dos concellos, ademais do [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]] xurdido do primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas as Rusias]] celebrado en xuño.<ref name="wade72"/> A pesar da súa disposición a colaborar cos liberais, os socialistas nunca abandonaron certa hostilidade e receo ás actividades dos partidos máis conservadores, o que complicou a cooperación.<ref name="wade80">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 80</ref> Contrarios a que os soviets tomasen o poder, tampouco se mostraron dispostos a someterse incondicionalmente á autoridade formal do Goberno.<ref name="wade80"/>
 
A dualidade do poder político, dividido na capital entre o Goberno Provisional e o [[Soviet de Petrogrado]], e no resto do país entre as institucións da administración e os diversos soviets, debíase á división social do país: mentres que o Goberno e as administracións representaban principalmente ásas clases medias e altas, os soviets eran os representantes das clases baixas. O primeiro trataba de realizar unha reforma política sen grandes cambios na estrutura social e económica, mentres que os soviets reflectían os desexos das clases desfavorecidas de levar a cabo profundos cambios sociais e económicos.<ref name="wade84"/>
 
== Principais problemas ==