Diferenzas entre revisións de «Lingua sánscrita»

m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
 
== Historia ==
 
O termo ''sánscrito'' designa máis un conxunto de linguas saídas dunha lingua nai estendida no tempo e no espazo ca unha lingua única. O seu nome, ''saṃskr̥tam'', que significa "rematado" (ver máis abaixo), é bastante recente; a lingua durante séculos foi chamada simplemente ''vāc'' ou ''śabda'', « a palabra, a lingua », pois o sánscrito era sentido como a única lingua posíbel; algunhas designacións metafóricas, como ''gīrvāṇabhāṣā'', «lingua dos deuses », remarcan ben o seu carácter relixioso.
 
O primeiro senso de ''sánscrito'' é o de "indoario antigo", lingua nai que está na orixe de multitude de dialectos, e lingua irmá do iranio antigo (ou [[avéstico]]) co que está moi relacionado. DacordoDe acordo con documentos atopados no país dos [[hitita]]s e redactados [[hitita|nesta outra lingua indoeuropea]], que incluían algúns nomes indoiranios, é posíbel determinar que unha forma do [[linguas indoiranias|indoiranio]] era falada no século XIV a.C.. A forma máis antiga de sánscrito testemuñada de maneira máis tanxíbel é chamado ''[[védico]]'': é a lingua na que están redactados os ''[[Vedas]]'', entre os cales está o ''[[Rig Veda|R̥g Veda]]'' ou « Veda dos himnos ''(r̥g-)'' », o máis antigo conxunto de textos do [[hinduísmo]]. Porén é moi difícil datar o ''[[Rig Veda|R̥g Veda]]'' en si, e, xa que logo, o comezo da historia real da lingua védica: os textos sagrados, en efecto, eran ante todo recitados e aprendidos de memoria (aínda o son agora) e a súa fixación por escrito é relativamente recente. Ademais, a súa composición prolóngase varios séculos. Algúns supoñen que os textos máis antigos remontan a mediados do século II. Esta lingua arcaica e pouco normativizada é unha das máis próximas ao [[lingua indoeuropea|indoeuropeo]] e móstrase preciosa para a [[lingüística comparada]]. A título indicativo, pódese indicar as principais diferenzas entre o '''sánscrito védico''' e o '''sánscrito clásico''' (ver máis abaixo esta noción de ''clásico''):
 
* numerosas formas paralelas e irregularidades, que o sánscrito clásico ha nivelar;