Peroxidase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Grupo das peroxidases: traducido de en:Peroxidase
Liña 81:
== Grupo das peroxidases ==
Catalizan reaccións [[bisubstrato]] de carácter [[redox]], utilizando un [[peróxido]] como oxidante (ao que deben o seu nome) e un segundo substrato de características redutoras que é oxidado polo [[peróxido]].
 
A reacción que tipicamente catalizan é do tipo:
 
:ROOR' + [[doante de electróns]] (2 e<sup>−</sup>) + 2H<sup>+</sup> → ROH + R'OH
 
Para moitos destes encimas o [[Substrato (bioquímica)|substrato]] é o [[peróxido de hidróxeno]], pero algunhas son máis activas con hidroperóxidos orgánicos como os peróxidos de lípidos. As peroxidases poden conter un grupo [[hemo]] como [[cofactor]] nos seus centros activos, ou alternativamente residuos con actividade [[redox]] de [[cisteína]] ou [[selenocisteína]].
 
A natureza do doante [[nucleófilo]] depende moito da estrutura do encima. Por exemplo, a peroxidase do ravo picante pode usar unha variedade de compostos orgánicos como doantes e aceptores de electróns, e ten un [[centro activo]] moi accesible, e moitos compostos poden alcanzar o sitiode reacción. Ao contrario, a [[citocormo c peroxidase]] ten un centro activo moi pechado e os compostos que lle doan electróns son moi específicos.
 
En [[planta]]s, salienta a [[peroxidase do ravo picante]] (''[[Armoracia rusticana]]'') (ou HRP, do inglés ''horseradish peroxidase''), que ten grandes aplicaciones en técnicas inmunoquímicas e de diagnóstico clínico debido á súa grande estabilidade, facilidade de conxugación coas [[inmunoglobulina]]s e sinxeleza para detectala por métodos colorimétricos utilizando un gran número de [[reactivo]]s.