Torino FC: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Liña 49:
 
== Historia ==
Fundado en [[1906]] como ''Foot-ball Club Torino'', o club naceu como resultado da fusión de varios clubs maismáis antigos, algúns deles fundados en [[1887]], o cal convirte ó Torino no club de fútbol coa herdanza maismáis antiga de Italia.
 
O club acadou o seu primeiro ''Scudetto'' na tempada 1927-28, non obstante, a época de maior esplendor da entidade foron os anos 40, cando o seu rexistro de títulos e vitorias fixeron que fose considerado o mellor equipo do mundo. Daquela ''Il grande Torino'' converteuse no primeiro equipo italiano da historia que gañou 5 ligas seguidas, capitaneado e liderado por [[Valentino Mazzola]], e con outros 9 integrantes da [[selección de fútbol de Italia|selección italiana]]. O [[4 de maio]] de [[1949]], cando o equipo volvía de [[Lisboa]] tras xogar un encontro amigable co [[SL Benfica]], o avión que levaba a tódolos xogadores de volta, esnafrouse cun muro da Basílica de Superga, situada nun outeiro próximo á cidade de [[Turín]], morrendo os 31 tripulantes no accidente, entre xogadores, directivos e xornalistas.
 
A pesar de gañar aquela liga un mes despois, o Torino non loitou de novo por maismáis títulos ate a década dos 70, na que o club acadou un novo título de liga e varios subcampionatos. Nos últimos tempos o club pasou por unha crise de resultados que o levou á Serie B durante anos, e sobre todo por unha crise económica que levou a unha refundación do club en agosto de [[2005]]. Actualmente o equipo disputa a [[Serie B 2011-2012|Serie B]] co obxectivo do ascenso.
 
Con 68 tempadas na [[Lega Calcio Serie A]], constituída como tal en [[1929]], o Torino FC ocupa a 7ª posición na táboa histórica da liga italiana segundo o número de puntos acadados; por detrás da [[Juventus FC]], do [[Inter de Milán|FC Internazionale]], do [[AC Milan]], do [[AS Roma]], do [[ACF Fiorentina]] e do [[SS Lazio]].
== Estadio ==
O Torino FC disputa os seus encontros como local no ''Stadio Olimpico'', maismáis coñecido como ''[[Stadio Olimpico di Torino|Stadio Comunale]]'', inaugurado en [[1933]] para acoller varios encontros do [[Mundial de Fútbol Italia 1934]]. O Torino FC e o [[Juventus FC]] compartiron este estadio durante décadas, ate a inauguración do [[Stadio delle Alpi]] en [[1990]], construído por mor do [[Mundial de Fútbol Italia 1990]], e ó cal marcharon os dous clubs turineses. Trala reconstrución do estadio en [[2006]] para acoller as cerimonias de apertura e peche dos [[Xogos Olímpicos de Inverno]] dese ano, ámbolos dous clubs volveron ó seu antigo fogar. En [[2011]] o Juventus FC marchou ó seu [[Juventus Stadium|novo estadio]], e o Torino FC ficou como único residente do ''Comunale''. Actualmente o recinto conta cunha capacidade para 27.994 seareiros.
 
== Palmarés ==
[[Ficheiro:Stadio Olimpico Torino Italy.jpg|250px|miniatura|dereita|[[Stadio Olimpico di Torino|Stadio Comunale]].]]
O palmarés do club é un dos maismáis salientables do fútbol italiano, con 7 títulos de [[Lega Calcio Serie A|liga]], 5 títulos de [[Coppa Italia|copa]] e 1 título da desaparecida [[Copa Mitropa]].
=== Títulos nacionais ===
* [[Ficheiro:Scudetto.svg|14px|Scudetto]] '''[[Lega Calcio Serie A|''Scudettos'']] (7)''' = 1927-28, 1942-43, 1945-46, 1946-47, 1947-48, 1948-49, 1975-76
Liña 72:
 
== Xogadores ==
[[Paolo Pulici]] é o xogador que maismáis goles anotou para o club (172 goles) e o segundo que maismáis encontros disputou defendendo as cores do Torino FC (437 encontros entre 1968 e 1982), só superado por [[Giorgio Ferrini]] (566 encontros entre 1959 e 1975). [[Valentino Mazzola]] (123 goles entre 1942 e 1949) era o capitán do ''Grande Torino''. [[Silvio Piola]], o máximo goleador histórico da [[Lega Calcio Serie A|liga italiana]] e da [[Selección de fútbol de Italia|selección italiana]], disputou unha tempada co Torino.
 
Outros grandes xogadores que vestiron a camisola ''granata'' do club foron [[Denis Law]], [[Cesare Maldini]], [[Álvaro Recoba]], [[Rafael Martín Vázquez|Martín Vázquez]], [[Enzo Scifo]], [[Hakan Şükür]], [[Enzo Francescoli]], [[Abedi Pele]], [[Luís Antônio Corrêa da Costa|Müller]] etc.