Música: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Corrección gramatical
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 2:
[[Ficheiro:Muse lyre Louvre CA482.jpg|250px|miniatura|[[Musa]] sincronizando dúas [[cítara]]s. Detalle do interior dunha cunca antiga de fondo branco.]]
 
A '''música''' (do [[Lingua grega|grego]]: ''μουσική'' [''τέχνη''] - ''mousikē'' [''téchnē''], "a arte das [[musa]]s") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de [[arte]] consistente en combinar lóxica e sensibelmentesensiblemente os [[son]]s e [[Silencio (música)|silencios]] coa finalidade de crear unha determinada sensación ou [[emoción]] no oínte. De todos xeitos, desde hai varias décadas a definición do concepto de "música" volveuse máis complexa, debido a que destacados compositores realizaron experiencias que, se ben son musicais, traspasan os límites da definición desta arte.
 
A creación, a execución, a importancia e incluso a definición da música varían de acordo coa [[cultura]] e o contexto social. A música abarca desde composicións estritamente organizadas, ata a música baseada na improvisación. A música pode dividirse en [[xéneros musicais|xéneros]] e subxéneros, a pesar de que as liñas divisorias e as relacións entre os xéneros son a miúdo moi sutís, ás veces abertas á interpretación individual, e en ocasións polémicas.