Peroxidase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 82:
Catalizan reaccións [[bisubstrato]] de carácter [[redox]], utilizando un [[peróxido]] como oxidante (ao que deben o seu nome) e un segundo substrato de características redutoras que é oxidado polo [[peróxido]].
 
En [[planta]]s, salienta a [[peroxidase do ravo picante]] (''[[Armoracia rusticana]]'') (ou HRP, do inglés ''horseradish peroxidase''), que ten grandes aplicaciones en técnicas inmunoquímicas e de diagnóstico clínico debido á súa grande estabilidade, facilidade de conxugación coas [[inmunoglobulina]]s e sinxeleza para detectala por métodos colorimétricos utilizando un gran número de [[reactivo]]s.

En [[animalia|animais]], existen peroxidases cunha función predominantemente defensiva na [[saliva]], o [[leite]] ou os [[leucocito]]s, das que se aproveita o carácter oxidante con fins xermicidas e bactericidas do peróxido que se xera de forma endóxena mediante outras reaccións (glicosa oxidase, aminoácido oxidase etc.). Non todas as peroxidases son defensivas, e por exemplo unha peroxidase ([[ioduro peroxidas]]) é a responsable da síntese das [[hormona tiroidea|hormonas tiroideas]], oxidando neste caso o ioduro a [[iodo]] para que este se adicione a algúns dos aneis [[fenol|fenólicos]] dos residuos de [[tirosina]] da [[tiroglobulina]]. Outras peroxidases, como a [[glutatión peroxidase]], está amplamente distribuída en diversos tecidos con fins diferentes, pero relacionados cunha función antioxidante.
 
O encima '''peroxidasa versátil (VP)''' producida polo [[fungo (bioloxía)|fungo]] ''[[Pleurotus eryngii]]'' ([[número EC|EC]] [http://expasy.org/enzyme/1.11.1.16 1.11.1.16]) ten a mesma especificidade que outras encimas peroxida<ses lignolíticaszimas peroxidasas lignolíticas, a [[manganeso peroxidase]] e a [[lignina peroxidase]].
 
Practicamente todas as peroxidases son [[hemoproteína]]s (excepción notable é a [[glutatión peroxidasa]], que é unha [[selenoproteína]]) e teñen como [[Substrato (bioquímica)|substrato]] común o H<sub>2</sub>O<sub>2</sub> ou [[peróxido de hidróxeno]]. A grande afinidade por este substrato fai que se poida unir ao [[ferro]] do grupo [[hemo]] polos dous planos do [[centro activo]], o superior e o inferior, dando lugar a unha [[inhibición encimática|inhibición]] por exceso de substrato, xa que cando ambas as posicións están ocupadas polo peróxido de hidróxeno non é posible a unión do outro substrato.