Peneira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo soe por acostuma ou adoita
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
Componse dun aro ancho e delgado de madeira e dun fondo furado de diferente material segundo a operación e o tipo de gran a peneirar. A tea acostuma ser de serda, aramio, lenzo ou seda. O cilindro pode tamén estar feito de [[folla de lata]] furada ou de arames de ferro postos circularmente uns xunto a outros.
 
Nas [[panadaría]]s importantes botaban a fariña saída das moas nun cuarto que estaba enriba da peneira. Abrían un buraco no chan onde colocaban unha canle de táboas ou de lenzo por onde caía a fariña nunha [[moega]] ou canoura. Despois de caer a fariña na moega, pasaba ao cilindro que se achaba en plano inclinado e entón se lle daba voltas co [[cegoñal]] e a pendente facía que a fariña pasase da tea máis fina á máis mesta, até que o farelo caía pola abertura. Algunhas veces había unaunha quinta división ou caixón máis grande que os demais para recibilo ou se abeiraba un costeiro a esta abertura para o recoller.
 
Na actualidade existen diferentes tipos de cribos e peneiras, moi empregadas de xeito indutrial, coma as peneiras de vento.