2.518
edicións
Sen resumo de edición |
(→Trama) |
||
De camiño ás Montañas Bretemosas, a compañía entrou no bosque dos trolls, onde foron capturados por un grupiño de tres destes seres. Mentres discutían se ían comer os ananos asados ou cocidos, Gandalf distraeunos, até que co amencer se converteron en estatuas de pedra. Na cova dos trolls atoparon unhas espadas do reino élfico de [[Gondolin]]. Thorin colleu [[Orcrist]] e Gandalf [[Glamdring]], a espada que pertencera ao rei [[Turgon]]. Bilbo quedou cunha [[daga]], á que chamou ''Aguillón''. Logo de seguir o camiño, chegaron a [[Rivendel]], a terra gobernada por [[Elrond]], que os axudou a descifrar o mapa do tesouro de Smaug e as inscricións rúnicas das espadas.
Nas Montañas Bretemosas atoparon cunha tormenta que os obrigou a resgardarse nunha caverna chea de trasgos. Ao se dispersaren, Bilbo atopou un anel, e despois chegou á beira dun lago subterráneo, onde estaba a criatura [[Gollum]]. Este desafiouno a un xogo de adiviñas, prometendo que se gañaba Bilbo, axudaríao a saír. Tras perder, logo dunha pregunta de Bilbo que Gollum tomou como adiviña, Gollum negouse a cumprir a promesa e foi na procura do seu anel para matar a Bilbo, e este botou a correr tras saber que o anel facía invisible a quen o levase. Logo de lograr escapar, logrou reunirse no exterior da montaña coa compañía. Esta foi perseguida de novo por un grupo de trasgos e dwargos, pero foron rescatados por un grupo de
|
edicións