Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

(CADC)
== Creación do Goberno Provisional ==
[[Ficheiro:Г. Е. Львов.jpg|[[Georgii Lvov]], prestixioso liberal e primeiro presidente do Goberno Provisional trala [[Revolución de Febreiro]].|miniatura|200px|esquerda]]
O [[Comité provisional da Duma Estatal]] invitou aoo comité executivo do [[Soviet de Petrogrado]] a tratar a situación política o {{xulgregdata|14|3|1917}} e reuníronse esa mesma tarde.<ref name="basil29">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 29</ref><ref name="wade5">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 5</ref> Para entón o comité executivo provisional do soviet xa decidira non ingresar no novo Goberno; a toma do poder non se formulara.<ref name="ferro90"/> A reunión foi cordial entre os [[menxevique]]s [[Nikolai Chjeidze]], Sujanov e Sokolov, e os liberais [[Pavel Miliukov]], [[Aleksandr Guchkov]] e [[Georgii Lvov]]. Os primeiros mostráronse dispostos a ceder o Goberno aos segundos e manterse fora<ref name="ferro90">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 90</ref> do novo Consello de Ministros.<ref name="basil29"/> A cambio do apoio dos socialistas,<ref name="wade5"/> estes exixiron a promulgación de dereitos civís<ref name="wade5"/><ref name="wade48"/><ref name="ferro90"/> (de asociación, de formación de partidos políticos, de liberdade de prensa...).<ref name="basil29"/> Debía liberarse ademais aosos presos políticos,<ref name="ferro90"/> estenderse os dereitos civís aos soldados e convocarse canto antes unha [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="kochan183">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 183</ref><ref name="wade48"/><ref name="ferro90"/><ref name="basil29"/> Esta debía elixirse por sufraxio universal, directo, igualitario e secreto, e definiría a Constitución do país e a súa forma de Goberno (proclama do {{xulgregdata|16|3|1917|corto=true}}, ao día seguinte da formación do novo Consello de Ministros<ref name="wade53"/>).<ref name="kochan183"/><ref name="vnloewe172">[[#Bibliografía|Von Loewe (1967)]], p. 172</ref> O soviet da capital ofreceu publicamente o seu apoio<ref name="ferro93">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 93</ref> ao novo Goberno mentres se ativese ao acordo pactado,<ref name="wade48"/><ref name="ferro90"/> pero rexeitou entrar no mesmo.<ref name="vnloewe172"/> O Comité Executivo do soviet rexeitou a proposta dos deputados da [[Duma|Duma Imperial de Rusia]] para incluír a Chjeidze e Kerenskii no novo gabinete,<ref name="wade5"/> aínda que Kerenskii aceptouna pola súa conta e logrou máis tarde o respaldo do pleno do soviet ao día seguinte.<ref name="wade6"/><ref name="wade48">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 48</ref> O soviet consideraba que a revolución fora burguesa e que, sendo así, os socialistas non debían formar parte do Goberno.<ref name="wade6">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 6</ref><ref name="wade48"/> Este quedou entón formado por liberais, conservadores moderados e Kerenskii.<ref name="wade48"/>
 
Cando o [[tsar]] [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] abdicou o {{xulgregdata|15|3|1917}} e o seu irmán [[Miguel Aleksandrovich Romanov|o Gran Duque Miguel]], rexeitou o trono ao día seguinte, o Goberno Provisional comezou a rexer o [[Imperio Ruso]] de xeito formal, pero o seu poder estaba realmente limitado pola crecente autoridade do [[Soviet de Petrogrado]].<ref name="rabinowitch29">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 29</ref>
 
O novo Goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abrumador e contou con moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo Primeiro Ministro [[Georgii Lvov]],<ref name="wade54">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 54</ref><ref name="ferro93"/> progresista e respectado veterano do traballo nos ''[[Zemstvo|zemtsvos]]''.<ref name="rabinowitchxxi">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXI</ref> A maioría dos seus membros proviñan do [[Partido Democrático Constitucional]] encabezado por [[Pavel Miliukov]], quen ocupou a carteira de Exteriores.<ref name="wade54"/><ref name="ferro93"/> O novo Consello de Ministros, porén, era débil e a súa autoridade era limitada en gran parte do país e na propia capital.<ref name="basil97">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 97</ref> Os diversos nacionalismos do Imperio, as divisións entre os socialistas e a oposición entre estes e os liberais menoscababan o poder gobernamental.<ref name="basil97"/> Petrogrado quedou a mercede do soviet.<ref name="vnloewe174">[[#Bibliografía|Von Loewe (1967)]], p. 174</ref> O desexo da poboación de non limitar a revolución a reformas políticas, senón que incluíse medidas sociais e económicas complicou ademais desde o comezo as relacións entre os liberais e os socialistas.<ref name="mosse104"/> As diferenzas sobre a guerra —moi impopular— tamén dificultaron o entendemento entre ambos os grupos.<ref name="mosse105">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 105</ref> A concepción provisional do Goberno, o convencemento de que só aquel que xurdise da Asemblea Constituínte elixida democraticamente por sufraxio universal secreto podería decidir as cuestións fundamentais políticas, sociais e económicas,<ref name="ferro220">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 220</ref> e os desacordos entre fraccións no Goberno fixeron que este pospuxese continuamente as reformas de importancia.<ref name="wade55">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 55</ref>
 
== A situación política ==
31.984

edicións