Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
Liña 11:
== Antecedentes ==
=== O período tardorromano ===
No [[século V]] o [[Imperio Romano de Occidente]] vai demandar ós [[visigodo]]s, un pobo bárbaro fortemente romanizado e que estaba federado ó imperio, que expulsasen ós [[vándalo]]s e [[alano]]s de [[Hispania]]. Como pago pola súa lealdade, os visigodos recibiron esta provincia romana e o sur da [[Galia]] como ''foedus''. Coa deposición do derradeiro emperador romano por [[Odoacro]] no [[476]] os visigodos gobernaron estes territorios como reino independente, primeiro como [[Reino de Tolosa]] e, despois da derrota a mans dos francos no [[507]] na [[Batalla de Vouillé]], unicamente a [[Hispania]] como [[Reino de Toledo]]. Aínda así a aportaciónachega de poboación dos visigodos á península foi moi reducida.
 
=== A ocupación musulmá da península ===
Liña 19:
Ó pasamento do rei visigodo [[Witiza]], no [[710]], vaise producir un conflito entre os partidarios da monarquía hereditaria cos fillos do rei morto á fronte, e os partidarios da monarquía electiva a favor do novo rei [[Don Rodrigo]], un conflito que tiña, así mesmo, un trasfondo relixioso entre [[catolicismo|católicos]] e [[arianismo|arianos]].
 
No [[711]] o conde de [[Ceuta]], Xulián, que estaba refuxiando á familia e partidarios de Witiza e que mantiña relacións co gobernador de [[Tánxer]], [[Táriq ibn Ziyad]], e o seu [[emir]] [[Mussa ibn Nussayr]], vai demandar axuda ás poboacións árabes e [[bérber]]es do norte de [[África]] para intervir no conflito e doarlle axuda na súa loita contra Rodrigo. Os historiadores difiren na intención de Mussa neste momento da historia; sexa que planeaba unaunha conquista completa, unha invasión limitada para confirmar unha alianza, ou só un ataque para enfeblecerdebilitar as forzas visigodas.
 
As forzas musulmás, comandadas por Táriq, atravesan entón o [[Estreito de Xibraltar]] e van derrotar a Rodrigo que segundo as lendas morrería na [[batalla de Guadalete]] no ano [[711]], a causa en parte pola deserción das tropas baixo o seu comando a petición do bispo Oppas (o sobriño do cal, [[Aquila II|Aquila]], era fillo de Witiza). Despois da batalla, o dominio visigodo vaise desmembrar, e Aquila rendeu as súas terras no [[712]].
Liña 62:
Despois de que os [[francos]] venceran ós musulmáns, a necesidade de defender os pasos ou portos dos [[Pireneos]] convertéranse nunha situación importante da política de [[Carlomagno]]. Construíronse fortificacións e deuse protección ós habitantes das antigas cidades romanas como por exemplo [[Jaca]] e [[Xirona]]. Os pasos principais eran Orreaga/Roncesvalles, Somport e Junquera. Carlomagno poboou os condados de [[Pamplona]], [[Aragón]] e [[Barcelona]].
 
O asentamento da poboación cristiá na conca do [[riorío Douro]] tivo lugar en dúas fases. Ó norte do río, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]], vaise empregar o sistema da ''presa''. Ó sur do Douro, durante os séculos X e [[século XI|XI]] van desenvolverse cidades mediante a doazón de foros, os cales estenderíanse despois cara a outras rexións, e fundamentalmente coa formación de mercados. Os foros eran estatutos que establecían os privilexios e a forma de rexer a unha comunidade, outorgados normalmente polo monarca, aínda que non só por el, á xente que poboaba un pobo. Como resultado, o consello do pobo era dependente do seu señor, converténdose así os foros no sistema máis empregado para poboar Navarra e máis tarde Aragón. O primeiro foro vai ser entregado ó conde [[Ferrán González]] de [[Castrojeriz]] durante a década de [[940]].
 
Nunha primeira vaga de colonización, a refírese a un grupo de campesiños que cruzaban as montañas e se asentaban nas terras despoboadas da conca do Douro para practica-la [[agricultura]]. A monarquía asturiana promovía este sistema de outorgar ao campesiñado toda a terra que puidera traballar e defender como propiedade del. Máis adiante tamén os grandes señores asturianos e galegos, así como tamén o clero, e sobre todo os mosteiros [[beneditinos]] enviarían as súas propias expedicións con campesiños aos que dominaban mediante relacións feudais, o que creará toda unha rede na fronteira. Co tempo so primeiros campesiños libres irán desaparecendo e tódolos campesiños devirán en vasalos feudais.
Liña 68:
Foi precisamente coa aparición do [[feudalismo]], a principios do [[século X]], cando a conquista acelerouse polo desexo dos señores feudais, incluídos os reis, de conseguir novas terras. A partir deste momento as cidades e os pobos gañaron maior importancia co rexurdimento do comercio e a expansión monetaria á baixa Idade Media. Tamén a fortaleza da monarquía permitiu controlar en meirande parte o proceso de colonización e regular a emigración cara o sur das poboacións feudalizadas. Así fai falla diferenciar entre as terras directamente poboadas polos reis, basicamente as cidades e vilas aínda que non unicamente, e as doazóns en feudo a señores feudais laicos, mosteiros e ordes militares que atraían poboación concedéndolles rendas menos fortes cás que tiñan os seus lugares de orixe, onde o feudalismo facía séculos que estaba consolidado
 
A partir do [[século XIII]], cando a monarquía xa dominaba o proceso, a colonización organizouse mediante os coñecidos [[Libro do Reparto|Repartos]], polos que os monarcas repartían o territorio conqueridoconquistado a [[al-Ándalus]]. As doazóns podían ser directamente a labregos en pequenas proporcións, ou ben a señores feudais que posteriormente repartirían a outros labregos. Con este método vaise colonizar os reinos de [[Reino de Mallorca|Mallorca]], [[Reino de Valencia|Valencia]], [[Reino de Murcia|Murcia]], [[Reino de Sevilla|Sevilla]] e [[Reino de Xaén|Xaén]], e máis tarde o de [[Reino de Granada|Granada]].
 
== Al-Ándalus ante a conquista cristiá ==