Idade de Bronce en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Son numerosas as pezas de [[ourivaría]] que conservamos: pulseiras, diademas, brazaletes,etc., o que evidencia a [[xerarquía|xerarquización]] desta sociedade. Pola súa cantidade e calidade destaca o [[tesouro de Caldas de Reis]] ([[Caldas de Reis]]), hoxe no [[Museo Provincial de Pontevedra]], así como o [[casco de Leiro]] ([[Leiro, Rianxo|Leiro]], [[Rianxo]]), no Museo Arqueolóxico do [[Castelo de Santo Antón]], na Coruña.
 
A importancia da guerra para esta sociedade vén marcada polo numeroso armamento metálico atopado: puñais, machadas, punta de lanza ou espadas. Os lugares nos que apareceron os restos de maior importancia son Leiro, [[O Hío, Cangas|O Hío]] ([[Cangas]]), e [[Roufeiro]] ([[Nocelo da Pena, Sarreaus|Nocelo da Pena]], [[Sarreaus]]) e Leiro.
 
Da Idade do Bronce consérvase unha gran cantidade de gravados en penedos ao aire libre, denominados [[petróglifo]]s. Aparece a finais desta época a [[Cultura castrexa]].