Albania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 193:
O sistema ferroviario foi amplamente promovido polo réxime totalitario de Enver Hoxha, durante os cales o uso do transporte privado foi prohibido. Dende a caída do réxime houbo un aumento considerable do parque automobilístico privado e no uso do autobús. Aínda que algunhas das estradas do país se atopan aínda nun estado moi pobre, houbo grandes avances como a construción dunha [[autoestrada]] entre Tirana e Durrës, que fixeron perder número de pasaxeiros aos ferrocarrís.
 
A primeira liña do país de vía estándar non se construíu até [[1947]], aínda que antes xa se construíran algunhas liñas de vía estreita. Os ferrocarrís en Albania son administrados pola empresa nacional ''Hekurudha Shqiptare''(HSH) que significa ''Ferrocarrís Albaneses''. Opera cun ancho de vía de 1.435 mm (ancho estándar) e tódolos seus trens son arrastrados por locomotoras ČKD dieseldiésel-eléctricas [[República Checa|checas]]. En canto a conexións internacionais existe unha liña que conecta con [[Montenegro]], que só foi utilizada para tráfico de mercadorías, aínda que esta liña (de Shkodër a [[Podgorica]]) foi cortada en [[1997]], restaurouse en [[2002]].
 
== Demografía ==