Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 77:
España non conseguiu grandes vantaxes da tregua, as finanzas seguiron en desorde e o imperio colonial seguiu sufrindo ataques cada vez máis humillantes, en beneficio sobre todo de Holanda. Nos Países Baixos, o goberno da filla de Filipe II, [[Isabel Clara Eugenia]] e o seu marido, o [[Alberto de Austria|arquiduque Alberto]], restaurou a estabilidade nos Países Baixos do Sur e amorteceu os sentimentos antiespañois na área. O sucesor de Filipe II, [[Filipe III de España|Filipe III]], foi un home de capacidade limitada non interesado en política, que prefería permitir que outros se encargasen dos detalles. O seu [[valido]], Lerma, atento sobre todo ao que tocaba aos seus intereses particulares, logrou dar a volta aos libros de contas españois e facerse un dos homes máis ricos de Europa cunha fortuna duns 44 millóns de [[tálero]]s. O éxito persoal de Lerma carrexoulle inimigos e alegacións ben fundadas de corrupción, que levaron ao cadafalso ao seu home de confianza, [[Rodrigo Calderón]]. En 1618 é substituído polo seu fillo o [[duque de Uceda]], no que pode considerarse como unha transición, pois alcanzou o poder apoiado polo bando nobiliario rival ao seu propio pai. Non será ata 1621, coa chegada do novo rei, [[Filipe IV de España|Filipe IV]], que os Sandoval fosen substituídos no posto de máxima confianza polos Zúñiga (primeiro [[Baltasar de Zúñiga]] e logo o [[conde duque de Olivares]]). Mentres que os validos de Filipe III habíanse desinteresado polos asuntos de Austria, o seu aliado dinástico; Zúñiga era un veterano embaixador de Viena e creu que a clave para conter aos resurxentes franceses e eliminar aos holandeses era unha alianza máis próxima cos Habsburgo.
 
[[Ficheiro:DeVelázquez overgave- vande bredaBreda Velazquezo Las Lanzas (Museo del Prado, 1634-35).jpg|miniatura|esquerda|250px|''[[A rendición de Breda]]'' (1625) de [[Ambrosio Spinola]], por [[Velázquez]]. Non se representa o triunfalismo habitual da vitoria.]]
 
En 1618, tras as [[defenestracións de Praga]], Austria e o Emperador do Sacro Imperio Romano, [[Fernando II de Habsburgo|Fernando II]], embarcáronse nunha campaña contra a [[Unión Protestante]] e [[Bohemia]]. O novo rei e os seus validos eran considerablemente máis activos que Filipe III, pero ata durante os últimos anos deste, Zúñiga, que xa gozaba dunha posición elevada na corte, conseguira o apoio aos Habsburgo austríacos na guerra, e Ambrosio Spinola, a crecente estrela do exército español, foi enviado como o xefe do [[Exército de Flandres]] para intervir, invadindo o [[Palatinado]]. Así, España entrou na [[Guerra dos Trinta Anos]]. Á morte de Zúñiga en 1622, este foi substituído polo seu sobriño [[Conde-Duque de Olivares|Gaspar de Guzmán e Pimentel, conde-duque de Olivares]], un home capacitado que cría que o centro de todas as traxedias de España atopábase en Holanda. Logo de certos contratempos iniciais, os bohemios foron derrotados na [[batalla da Montaña Branca]] en 1621, e de novo en [[Batalla de Stadtlohn|Stadtlohn]] en 1623. Mentres estivo en vigor a tregua dos doce anos, España estaba en paz cos Países Baixos protestantes, pero a tregua, que expiraba en 1621, non se renovou, engadindo outra fronte de conflito. Spinola [[Asedio de Breda (1625)|tomou a fortaleza de Breda]] en 1625. A intervención do rei danés [[Cristián IV]] na guerra aumentou as preocupacións (Cristián era un dos poucos monarcas de Europa que non tiña problemas coas súas finanzas) pero a vitoria do xeneral imperial [[Albrecht von Wallenstein]] sobre os daneses en [[Batalla de Dessau|Dessau]] e de novo en [[Batalla de Lutter|Lutter]], ambas en 1626, eliminou a ameaza. Houbo esperanza en Madrid de que os Países Baixos podían ser finalmente reincorporados dentro do Imperio, e logo da derrota de Dinamarca os protestantes en Alemaña parecían apagados. Francia viuse envolvida de novo nas súas propias inestabilidades (o famoso [[asedio da Rochelle]] comezou en 1627), e a preeminencia de España parecía irrefutable. O conde-duque de Olivares estridentemente afirmou "Deus é español e combate coa nosa nación estes días" (Brown and Elliott, 1980, p. 190) e moitos dos adversarios de España estarían de acordo de mala gana.