Wikipedia:Criterios de notoriedade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
+pequena intro
Liña 2:
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
{{Resumo|Os artigos da Wikipedia deben tratar sobre ''temas notables'', temas que teñen recibido cobertura significativa por parte de fontes fiables e que [[Wikipedia:O que a Wikipedia non é|non están fora do ámbito da Wikipedia]]. As evidencias [[Wikipedia:Verificabilidade|verificables]] de [[Wikipedia:Fontes fiables|fontes fiables]] axudan a determinar a notoriedade dun artigo.}}
A '''notoriedade''' dun artigo é a avaliación por parte dos editores para decidir se un tema concreto merece ou non ter un artigo de seu.
 
Aínda que Wikipedia non ten as limitacións de espazo dunha enciclopedia de papel, isto non significa que calquera tema sexa relevante ou teña interese enciclopédico ou que un artigo non deba axustarse a normas mínimas de redacción e estilo. Sobre os temas existe unha [[Wikipedia:O que a Wikipedia non é|política de cumprimento obrigado]] e sobre a redacción e o estilo existe un [[Wikipedia:Manual de estilo|manual de estilo]]. Con todo, cando non é posible avaliar de forma clara se un artigo cumpre estas políticas, debe ser clasificado dentro dos ''artigos sen relevancia aparente'', o que permite o mantemento programado da enciclopedia.