Comuna de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
+ imaxes de Commons
Liña 1:
[[Ficheiro:comunacomite-de-salut-public.jpg|dereita|framedminiatura|ComiciosCartel popularesdo naComité de Saúde Pública da Comuna de París.]]
[[Ficheiro:Manet.Guerre civile.jpg|dereita|miniatura|''Guerra civil'', litografía de [[Édouard Manet]], 1871.]]
 
'''A Comuna de París''' referíase orixinalmente ó goberno de [[París]] durante a [[Revolución Francesa]]. Porén, na actualidade o termo usualmente refírese ó goberno socialista que dominou brevemente en [[París]] dende o [[18 de marzo]] (formalmente o [[26 de marzo]]) de [[1871]] ata o [[28 de maio]] dese ano.
 
No sentido estrito, a Comuna de París de 1871 foi simplemente a autoridade local («commune» en francés é un consello dun pobo ou distrito) que exerceu o poder en [[París]] durante dous meses na primavera de 1871. No entanto, as condicións na que se formou, os seus controvertidos decretos e o seu cruel final convértena nun dos máis importantes episodios políticos da época.
 
== TrasfondoTransfondo ==
A comuna foi posíbel grazas a un levantamento popular de todas as tendencias revolucionarias dentro de París despois de que a [[Guerra Franco-Prusiana]] terminase coa Francia derrotada. A guerra coa Prusia, comezada por [[Napoleón III]] («Louis Bonaparte») en xullo de [[1870]], terminou desastrosamente para a [[Francia]], e en setembro dese ano, París quedou baixo o asedio do exército inimigo. A fenda entre ricos e pobres na capital ampliouse enormemente nos últimos anos e coa escaseza de comida, sumado ó constante bombardeo prusiano, levou a un descontento xeral. Os traballadores estábanse volvendo máis receptivos a ideas máis radicais. Unha demanda específica foi a de que [[París]] debía posuír un goberno autónomo, cunha comuna elixida pola propia poboación, algo que xa gozaban a meirande parte das cidades francesas, pero que era negado a París por un goberno medorento da indócil poboación da capital. Un desexo máis vago, pero tamén relacionado, foi o dun sistema de xestión da economía máis xusto, aínda que non necesariamente un sistema socialista, resumido no berro popular de "''A Sociale!''"
 
En xaneiro de 1871, cando xa transcorreran 4 meses de asedio, [[Louis-Adolphe Thiers]], futuro xefe executivo (máis tarde presidente) da [[Terceira República Francesa]], buscou un armisticio. Os prusianos incluíron a ocupación de [[París]] dentro dos termos da paz. Malia as penalidades do asedio moitos parisinos estaban amargamente resentidos e particularmente anoxados de que permitisen ós prusianos unha breve ocupación cerimonial da súa cidade.
 
Por aquel tempo varias decenas de miles de parisinos eran membros armados dunha milicia de cidadáns coñecida como a «Garda Nacional», a cal se expandira moito para axudar a defender a cidade. Algúns batallóns nos distritos máis pobres elixían os seus propios oficiais e posuían algúns canóns que foran creados en París e pagados por suscripciónsubscrición pública. A cidade e a súa ''Garda Nacional'' resistiron o ataque das tropas prusianas durante seis meses. A poboación de [[París]] foi desafiante ao enfrontaren a ocupación e limitaron a presenza prusiana a unha pequena área da cidade, vixiando ademais os límites desta.
 
Comezaron movementos para formar un «Comité Central» da Garda Nacional. Louis-Adolphe Thiers, presidente do goberno francés, a nova Terceira República, deuse de conta de que naquela inestábel situación cabía a posibilidade de que este comité se constituíse nun centro alternativo de poder ó do goberno. Ademais, estaba preocupado por que os traballadores se armasen coas armas da Garda Nacional e provocasen os prusianos.
Liña 17 ⟶ 20:
[[Ficheiro:Disderi 3.jpg|miniatura|Barricadas diante de ''La Madelaine''.]]Os prusianos entraron en [[París]] brevemente e abandonárona de novo sen ningún incidente. Pero [[París]] continuou cercada mentres o problema das indemnizacións das guerras seguía afectando.
 
Ao mesmo tempo que o Comité Central da Garda Nacional estaba adoptando unha posición cada vez máis radical e gañando firmemente autoridade, o goberno non podía permitirlle indefinidamente ter 400 canóns á súa disposición. E así, como primeiro paso, o 18 de marzo Thiers ordenou ás súas tropas coller os canóns almacenados nas cimas do [[Montmartre]]. No canto de seguir as instrucións, os soldados, que non tiñan a moral moi alta, fraternizaron coa Garda Nacional e os residentes locais. Cando o seu xeneral, Claude Martin Lecomte, lles ordenou disparar a un xentío desarmadaodesarmado, apeárono do seu cabalo. Máis tarde foi fusilado, xunto co xeneral Thomas, un odiado comandante anterior da Garda que foi recollido por un xentío en «Outer Boulevards».
 
Outras unidades armadas uníronse á rebelión, que se estendeu tan rapidamente que o presidente Thiers ordenou a evacuación inmediata de [[París]] das forzas regulares que aínda lle seguían sendo leais, tales como a policía, e dos funcionarios. El mesmo fuxiu, á cabeza dos seus homes, a [[Versalles]]. O Comité Central da Garda Nacional era agora o único goberno efectivo en París: case inmediatamente renunciou á súa autoridade e organizou eleccións para unha comuna, propostas para o [[26 de marzo]].
Liña 23 ⟶ 26:
Os 92 membros da Comuna (ou, mellor dito, do ''Concilio Comunal'') incluía habilidosos traballadores, algúns «profesionais» (tales como doutores e xornalistas), e un gran número de activistas políticos, dende reformistas republicanos, ademais de varios tipos de socialistas, ata xacobinos que tendían a mirar nostalxicamente a [[Revolución Francesa]]. O carismático [[socialista]] Louis Auguste Blanqui foi elixido presidente do Concilio, pero isto ocorreu na súa ausencia xa que fora arrestado o [[17 de marzo]] e estivo retido nunha prisión secreta durante a duración da Comuna. A Comuna de París foi proclamada o [[28 de marzo]], aínda que os distritos locais con frecuencia retiveron ás organizacións polo asedio.
Malia as diferenzas internas o Concilio, que tiña o poder lexislativo e o executivo, tivo un bo comezo ao manter os servizos públicos esenciais para unha cidade de dous millóns de habitantes; tamén foi capaz de acadar un consenso sobre certas políticas que tendían cara a unha democracia social progresista máis que a unha revolución social. Debido á falta de tempo (a Comuna puido reunirse menos de 60 días en total) só uns poucos decretos foron implantados. Estes incluían: remisión das alugueresalugueiros, que foran aumentadas considerabelmente polos alugueiros, ata que se rematase o asedio; a abolición do traballo nocturno nos centos de panadarías de París; a abolición da guillotina; a concesión de pensións para as viúvas dos membros da Garda Nacional mortos en servizo, así tamén como para os seus fillos; a devolución gratuíta, a través das casas de empeño estatais, de todas as ferramentas dos traballadores; pospuxéronse as obrigacións de débedas e abolíronse os intereses nas débedas; e, afastándose dos estritos principios "reformistas", o dereito dos empregados a tomar o control dunha empresa que fose abandonada polo seu dono.
 
O Concilio terminou co illamento e substituíu o exército convencional cunha Garda Nacional de todos os cidadáns que podían portar armas. A lexislación proposta separaba a igrexa do estado, facía que todas as propiedades da igrexa pasasen a ser propiedade estatal, e excluía a relixión das escolas. Permitíuselles ás igrexas seguir coa súa actividade relixiosa só se mantiñan as súas portas abertas ao público pola tarde para que se realizasen reunións políticas. Isto fixo das igrexas o principal centro político participativo da Comuna. Outra lexislación proxectada trataba de reformas educativas que permitirían a educación e a práctica técnica fosen dispoñíbeis para todo o mundo.
Liña 43 ⟶ 46:
Unha grande axuda tamén veu dende a comunidade estranxeira de refuxiados e exiliados políticos en París: un deles, o polaco ex-oficial e nacionalista Jaroslaw Dombrowski, converteuse no mellor xeneral da Comuna. O Concilio estaba fortemente influenciado polo internacionalismo, polo que a [[Columna Vendôme]], que celebraba as vitorias de [[Napoleón]] e era considerada pola Comuna coma un monumento ao [[Chovinismo]], foi derrubada.
No estranxeiro, había moitas reunións e mensaxes de boa vontade enviadas por sindicatos e organizacións socialistas, incluíndo algúns na Alemaña. Pero as esperanzas de obteren axuda concreta doutras cidades da Francia foron axiña abandonadas. Thiers e os seus ministros en Versalles tentaron evitar que saíse de París case toda a información; e nos sectores provinciais e rurais da Francia existira sempre unha actitude escéptica cara ás actividades da metrópolismetrópole. Os movementos en [[Narbona]], [[Limoges]] e [[Marsella]] foron rapidamente esmagados.
 
Mentres a situación deteriorábase, unha sección do Concilio gañou unha votación (á que se opoñía Eugène Varlin -un corresponsal de [[Karl Marx]]- e outros moderados) para crear un «Comité de Salvación Pública», modelado á imaxe do órgano [[xacobino]] do mesmo nome formado en [[1792]]. Os seus poderes eran extensos e despiadados. Pero xa case pasara a hora na que unha autoridade central forte podía axudar.