Stoner rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 17:
As veces confundido co [[sludge metal]] (ambos termos se intercambian frecuentemente debido ás súas similitudes), o '''stoner rock''', frecuentemente chamado ''desert rock'' (expresión creada polos pioneiros no estilo, [[Kyuss]]), ou ''bong rock'' polas referencias obvias ao consumo de [[THC]], caracterizase polo son duro, pesado e afinado en escalas baixas dos instrumentos empregados neste estilo, que provén do hard rock dos anos '65 - '73, sendo as súas influencias [[Jimi Hendrix]], [[Blue Cheer]], [[Mountain]], [[Free]], [[Nazareth]] ou [[Cream]]. O termo ''stoner rock'' provén da verba inglesa ''stoner'', que en galego significa ''o que fuma mariguana''. O uso da [[mariguana]] se ven asociando ao stoner rock. Isto se debe a que moitas das composicións dentro de este estilo se crearon baixo a influencia desta droga psicodélica. Con todo, non tódolos grupos de stoner rock teñen que ser considerados consumidores desta substancia, e viceversa, xa que, por exemplo, [[Pantera (grupo musical)|Pantera]] incluía imaxes da planta do [[Cannabis sativa|cánnabis]] nas camisetas das súas xiras, sendo este un grupo de thrash metal.
 
O stoner rock orixinouse en [[Estados Unidos de América|EE.UU.]] a principios dos ‘90, especialmente na cidade de [[Palm Springs (California)|Palm Springs]], [[California]]. Os californianos [[Kyuss]] son considerados os inventores do xénero, aínda que bandas como Masters of Reality e Yawning Man xa experimentaran antes con riffs dos ‘70. Para algúns [[Kyuss]] é a única banda netamente ''stoner'', aindaaínda que eles o neguen.
 
Con todo é un estilo emparentado co [[grunge]], pero non co grunge depresivo e estereotipado, senón con bandas máis oscuras como os primeiros [[Soundgarden]], [[Mudhoney]] ou [[Alice In Chains]]. Hoxe en día existen bandas cunha gran dose de rock clásico, como foi [[Black Sabbath]], con toques de psicodelia e incluso punk e pop. Todos se substentan en riffs intensos e no son dos grandes do rock clásico dos ‘70. O grupo máis famoso stoner rock actualmente é [[Queens Of The Stone Age]], aínda que ultimamente se están afastando das súas raíces. Tamén podemos citar a [[Monster Magnet]] ou [[Fu Manchu (grupo musical)|Fu Manchu]]. Porén, o xénero foise devaluando co paso do tempo, especialmente co fin da década dos '90.