Consoante fricativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Unha '''consoante fricativa''' é aquela na que dous órganos están moi próximos un do outro, sen chegar a formar unha oclusión, que permite ao aire pasa..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de decembro de 2015 ás 14:54

Unha consoante fricativa é aquela na que dous órganos están moi próximos un do outro, sen chegar a formar unha oclusión, que permite ao aire pasar por entre eles xerando un ruído turbulento. Poden clasificarse en sibilantes ou non sibilantes, en función de se a lingua está curvada ou non.

En galego existen os seguintes fonemas fricativos:

- /f/: fricativa labiodental xorda.

- /θ/: fricativa dental xorda.

- /s/: fricativa alveolar xorda (normalmente é apical).

- /ʃ/: fricativa prepalatal xorda.

Referencias

Martínez Celdrán, E.: O son na comunicación humana. Galaxia (2002), Vigo.