Guitarra eléctrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 27:
Normalmente é fabricado con madeiras duras, como arce, [[amieiro]], caoba ou [[freixo]], aínda que ás veces de materiais sintéticos como o luthite. Ten no seu interior as compoñentes electrónicas e pode ser semisólido cunha pequena caixa de resoancia. A densidade da madeira incide no lapso que unha nota permanece sostida despois de pulsar a corda (a maior densidade, maior tempo).
 
As cordas fíxanse a el por medio da ponte. Hai diversos tipos de ponte, cada un con características específicas que inciden no son final do instrumento, e incluso algunhas pontes inclúen pastillas pezoeléctricas para captar a vibración das cordas, ou palancaspancas de vibrato para variar lixeiramente a tensión das cordas e causar un efecto vaivén na entoación.
 
No corpo están inseridos os controis de volume e tono, así como o selector de pastillas no caso de que a guitarra teña varias. Dependendo do número de pastillas permite elixir calquera de elas ou unha combinación de dúas, dando así máis posibilidades de sons.