Pensamento crítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "== O pensamento crítico == O pensamento crítico é un método mediante o cal, grazas ao noso coñecemento e intelecto, se estudan e avalían as diferentes concepcións e int..."
 
Etiquetas: Posible vandalismo Edición visual
Liña 1:
== O pensamento crítico ==
O pensamento crítico é un método mediante o cal, grazas ao noso [[coñecemento]] e intelecto, se estudan e avalían as diferentes concepcións e interpretacións do mundo ou dunha materia en concreto. Neste proceso téñense en conta os criterios adoptados pola sociedade na súa vida cotiá e tomados como verdadeiros. Para unha boa escolla acerca do correcto é preciso tomar como referencia o pensamento crítico (basado na razón) e nunca deixarse guiar polo pensamento desiderativo (basado nas paixóns, nos desexos e nos sentimentos apartando así a razón).
 
Ao facer uso do pensamento crítico rexeitamos a opinión da sociedades impoñendo como válida a nosa ideoloxía, é dicir, as nosas sentencias favorables ou contrarias ás ideas públicas. Pero hai que ter en conta que facendo uso del non sempre nos opoñemos ao criterio da sociedade, pois o único que buscamos é adquirir unha posición crítica que favorecerá a nosa experiencia e o noso futuro desenvolvemento. Iso si, debe ser firme en tódolos posibles contextos e finalmente, é moi importante facer uso del xa nos axudará no crecemento como seres racionais.
=== Compoñentes do pensamento crítico ===
Pódese dicir que os compoñentes do pensamento crítico son: