Estoicismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''Estoicismo''' é unha doutrina [[Filosofía|filosófica]] que foi fundada por '''[[Zenón de Citio]]''' cara a finais do século VI a.C. dentro do [[Época Helenística|período helenístico]] (que seguiu á morte do rei macedonio [[Alexandre o Grande]]). O Estoicismo entrou en pugna coas escolas do [[Epicureísmo]] e o [[Escepticismo]].
 
Cunha forte orientación ética, os estoicos sostiveron as [[virtude]]s do autocontrol e o [[Apatía (filosofía)|desapego]], levadas ao seu estremoextremo no ideal da [[ataraxia]], como medios para acadaren a integridade emocional e intelectual. No ideal estoico, é a liberación das paixóns a que permite ao espírito acadar a [[sabedoría]]; o logro da mesma é unha tarefa individual, e parte da tarefa do sabio é desfacerse dos conceptos e influencias que a sociedade na que vive lle inculcou. Porén, o estoico non despreza a compaña doutros homes, e a axuda aos máis necesitados é unha práctica recomendada. Os estoicos cultivaron a [[lóxica]], a [[física]], a [[política]] e sobre todo a [[ética]].
 
Entre os estoicos máis famosos contáronse numerosos [[filósofo]]s e homes de estado [[Grecia antiga|gregos]] e [[Roma antiga|romanos]]; o desprezo polas riquezas e a gloria mundana fixo desta unha filosofía adoptada tanto por emperadores (coma [[Marco Aurelio]]) como por escravos (coma [[Epicteto]]). [[Cleantes de Aso]], [[Crisipo de Soli]], [[Séneca]] e [[Catón]] adscribíronse tamén á escola estoica.