Juan Compañel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
engado categoría
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 16:
'''Juan Compañel Rivas''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1829]] e finado en La Catalina ([[Cuba]]) en [[1897]], foi un editor e impresor galego.
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Establecimiento Tipográfico de D. J. Compañel.JPG|miniatura|170px|esquerda|''Establecimiento Tipográfico de D. J. Compañel''.]]
Fillo do impresor [[Francisco Luis Compañel]], natural da [[A Graña, Ferrol|Graña]]. Logo da morte do pai ocupouse da empresa familiar Viuda e Hijos de Compañel. Entre 1852 e 1856 deixou a imprenta familiar e trasladouse a [[Vigo]], onde publicou ''[[La Oliva (periódico)|La Oliva]]'' con [[Uxío Carré Aldao]] e [[Manuel Murguía]]. En abril de [[1857]] o goberno suspendeu a publicación, que tomou o nome de ''[[El Miño (Vigo)|El Miño]]'' volvendo á súa primeira denominación en outubro de 1868. Na súa imprenta, na rúa Real, publicouse o [[17 de maio]] de [[1863]] ''[[Cantares gallegos]]'' de [[Rosalía de Castro]]. En 1863 casou con Emilia Chao Fernández, filla de [[José María Chao Rodríguez]], converténdose en cuñado de [[Eduardo Chao|Eduardo]] e [[Alejandro Chao Fernández]]. En [[1873]] marchou a [[Cuba]], foi secretario do concello de La Catalina e fundou e dirixiu ''La Lealtad'' (1882) de [[Cienfuegos, Cuba|Cienfuegos]], ''Diario de Cárdenas'' (1883) e ''La Unión'' de Colón. Volveu a Vigo en [[1891]] para recuperarse do seu feble estado de saúde, e regresou a Cuba dous anos máis tarde.
Liña 22:
En outubro de 2013 o Corporación Municipal de Vigo aprobou por unanimidade darlle o seu nome a Biblioteca Pública Central de Vigo, situada na [[Casa de Pedro Román]] ou Casa Ferro, do Casco Vello, na rúa Joaquín Yañez número 6.<ref>[http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/10/29/biblioteca-publica-central-pasa-llamarse/904366.html?utm_medium=rss "La Biblioteca Pública Central pasa a llamarse ´Juan Compañel´"] [[Faro de Vigo]], 29/10/2013 {{Es}}.</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita publicación periódica |nome= Xurxo|apelidos= Martínez González|ligazónautor= Xurxo Martínez González|ano= 2012|título= Juan Compañel Rivas (1829-1897). Alén do editor do Rexurdimento|revista= Grial|volume= |número= 195|páxinas= 106-117|editor= Galaxia|doi= |url= http://www.editorialgalaxia.org/imxd/libros/doc/1351081340195_Xurxo_Martinez_Gonzalez.pdf|dataacceso=18 de novembro de 2012}}
* [[Antonio Odriozola|Odriozola, Antonio]]; artigo "COMPAÑEL" ''[familia]'', [[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]].
=== Outros artigos ===
* [[Cantares Gallegos]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/07/12/hemeroteca-decano/664666.html La despedida de Juan Compañel]
 
{{ORDENAR:Compannel Rivas, Juan}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Editores de Galicia]]
[[Categoría:Editoriais de Vigo]]