Diferenzas entre revisións de «Gustave Aimard»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Gustave Aimard''', pseudónimo de '''Olivier Gloux''' nado en [[París]] en [[1818]] e finado en [[1883]], foi un novelista [[Francia|francés]].

== Traxectoria ==
Abandonado ao nacer polos seus pais, de espírito rebelde non acepta á parella que o adopta e aos nove anos escapa da casa e marcha a [[América do Sur]]. En [[1835]] enrólase na mariña real, deserta en [[1839]] durante unha estadía en [[Chile]], participa nas loitas contra o ditador [[Arxentina|arxentino]] Rosas, trasládase posteriormente a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], onde convive cos cheyenes.

As súas obras están cheas de repeticións, con diálogos pouco elaborados e temáticas e personaxes repetitivas, malia iso foron un paso importante no desenvolvemento da [[novela de aventuras]] en Europa.

== Obras ==
* ''Les Trappeurs de l'Arkansas'', 1858

* ''Le chercheur de pistes'', 1858

* ''La fièvre de l'or'', 1860

* ''Le Guaranis'', 1864

* ''La guerre sainte en Alsace'', 1871

* ''Par mer et par terre'', 1879

* ''Les bandits de l'Arizona'', 1882

{{ORDENAR:Aimard}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
393.002

edicións