Fiódor Dostoievski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 14:
 
== Traxectoria ==
Dostoievski naceu en [[Moscova]] nunha familia orixinaria de [[Bielorrusia]]. Foi o segundo de sete irmáns. O pai, Mikhail Andreievich, era un cirurxián militar retirado que traballaba coma doutor no Hospital Mariinski para pobres en Moscova. O hospital estaba situado nunha das areas máis pobres da cidade, na que se achaban un cemiterio para criminais, un manicomio e un orfanato. Esta paisaxe urbana marcou fondamente a Dostoievski. Malia a prohibición dos seus pais, o futuro escritor gustaba de pasar moitas horas cos pacientes do hospital, escoitando as súas historias. A nai, María Fiodorovna (de solteira Maria Nechaeva) procedía dunha familia de comerciantes.
 
Dostoievski comenzou a sufrir ataques epilépticos á idade de sete anos. En [[1837]], despois da morte da nai por [[tuberculose]], (Dostoievski tiña 15 anos) o pai enviou a Fiódor e o seu irmán maior Mikhail (tamén futuro escritor) a [[San Petersburgo]], como pensionistas de K. F. Komarov. O ano [[1837]], sería fundamental para o futuro do escritor. Foi o ano da morte de [[Pushkin]], que era lectura desde a infancia dos dous irmáns máis vellos da familia, e o ano no que entrou na academia de enxeñaría militar.
Liña 20:
O pai de Dostoievski morreu no ano [[1837]], segundo algunhas versións asasinado polos seus propios servos, que durante unha das habituais e violentas borracheiras do amo aproveitaron para afogalo. Outras versións indican que a morte foi por causas naturais, e que a historia da morte violenta foi inventada por un veciño para comprar a baixo custo as propiedades dos Dostoievski. A figura do pai dominante marcaría o traballo do escritor, servindo posiblemente de base á personaxe de Fiódor Pavlovich Karamazov, o pai dos tres principais protagonistas da novela ''Os irmáns Karamazov''.
 
Dostoievski deixou a academia militar co grao de tenente e, un ano despois, en [[1843]], publicou unha tradución de novela de [[Honoré de Balzac]] ''[[Eugénie Grandet]]''. En [[1844]] aparece a súa primeira novela ''Biédnie Liudi'' (''Pobres xentes'') e o escritor acada unha popularidade case inmediata. A reacción á súa segunda novela ''Dvoinik'' (''O dobre''), estudo psicolóxico dun burócrata, foi, porén, negativa.
 
[[Ficheiro:Dostoevsky.jpg|200px|dereita]]
Liña 26:
O [[23 de abril]] de [[1849]] foi arrestado acusado de formar parte do grupo liberal coñecido como [[Círculo Petrashevski]]. Os temores de [[Nicolás I]] de que os movementos revolucionarios europeos de [[1848]] se espallasen polo [[Imperio Ruso]] provocaron a represión de tódalas organizacións que mostrasen calquera tipo de oposición á monarquía. En [[novembro]] o escritor e outros membros do Círculo foron condenados a morte e, despois dun simulacro de execución, o escritor foi enviado cunha condena a traballos forzados a [[Omsk]] en [[Siberia]].
 
Foi liberado da cadea despois de catro anos e destinado no sétimo batallón do rexemento siberiano no que permaneceu cinco anos servindo na fortaleza de Semipalatinsk, no actual Kazakhstan, primeiro como soldado e despois como tenente. Alí comezou un romance con María Dmitrievna, muller dun antigo funcionario caído no alcoholismo. En [[1857]] despois da morte do home da súa amante, Dostoievski e a viúva de 33 anos casaron. O período de reclusión e servizo militar foi un punto de inflexión na vida do escritor, que se transformou nun home profundamente relixioso, desilusionouse das ideas occidentais e virou cara o pensamento e valores rusos tradicionais. Dostoievski converteuse nun crítico feroz dos movementos [[socialismo|socialistas]] e nihilistas que mesmo dedicou en parte os libros ''Os endiañados'' e os ''Diarios dun escritor'' a criticar as ideas socialistas. Máis tarde, fixo amizade co estadista conservador [[Konstantin Pobedonostsev]].
 
En [[1859]] os Dostoievski deixan [[Semipalatinsk]] e, en [[1860]] o escritor e a súa muller volven a [[San Petersburgo]]. No período entre [[1860]] e [[1866]] editou, sen éxito, xunto co seu irmán as publicacións literarias ''Vremya'' (Tempo) e ''Epokha'' (Época) (esta última foi clausurada polas súas informacións sobre a [[Revolta polaca]] de [[1863]]) e escribiu ''Zapiski iz mertvogo doma'' (''Lembranzas da casa dos mortos''), ''Unizhennye i oskorblennye'' (''Humillados e ofendidos''), ''Zimnie zametki o letnykh vpechatlienyx'' (''Notas de inverno sobre impresións de verán'') e ''Zápiski iz podpolia'' (''Apuntamentos do subsolo'').
 
A morte da súa muller en [[1864]], seguida pouco despois pola do seu irmán, tiveron un efecto devastador sobre Dostoievski. Cheo de débedas causadas polas súas empresas editoras fracasadas e a necesidade de manter ós seus propios fillos, ó fillo do primeiro matrimonio da súa muller e á muller e os fillos do irmán falecido, o escritor caeu nunha fonda depresión.
 
A situación económica era agravada pola ludopatía do escritor, acentuada nunha viaxe ó estranxeiro coa súa amiga [[Apolinaria Suslova]]. Unhas das súas obras máis coñecidas, ''Prestuplenie i nakazanie'' (''Crime e castigo'') escribiuna ó apuro para conseguir un adianto dos seus editores. Tomou como axudante para a transcrición das súas obras á estenografista de vinte anos, [[Anna Grigorevna Snitkina]], coa que casou en [[1867]]. Pouco despois da voda comezou a ditarlle a novela ''Igrok'' (''O xogador''), que se veu obrigado a escribir perante a ameaza de perde-los dereitos das súas obras por incumprimento de contrato. Coa cantidade, bastante elevada, cobrada por ''Crime e castigo'' marchou de novo, acompañado da súa axudante, ó estranxeiro para escapar dos seus acredores. O diñeiro que levaban foi axiña dilapidado nos casinos. Despois desta viaxe Anna Snitkina tomou as responsabilidades económicas do escritor e desde [[1871]], este abandonou o xogo.
 
 
Liña 41:
Morreu dun enfisema agravado, segundo a súa filla Liubov, por unha discusión sobre propiedades coa irmá do escritor. Foi enterrado no Cemiterio do mosteiro Alexander Nevsky de [[San Petersburgo]].
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Bkdraft.jpg|miniatura|dereita|300px|Notas manuscritas do capítulo V de ''Os Irmáns Karamazov''.]]
Ademais de ser un grande creador de mitos literarios, Dostoievski, mostrou tamén nas súas obras máis importantes unha grande capacidade para comprender os matices da psicoloxía humana. Creou unha obra de vitalidade e poder case hipnótico caracterizada por escenas febrilmente dramatizadas ([[conclaves]]) coas personaxes desenvolvéndose nunha atmosfera explosiva e escandalosa, ocupadas en diálogos socráticos ó estilo ruso.
Liña 51:
Estudiosos como [[Bakhtin]] definen as súas obras como polifónicas: Dostoievski non buscaría un só punto de vista e, ademais de describir as situacións desde diferentes ángulos, creou dramas de ideas onde deixa que caracteres e situacións contrapostas se desenvolvan nun intolerable ''crescendo''.
 
=== Influencia ===
A influencia de Dostoievski é recoñecida por unha grande variedade de escritores. De [[Herman Hesse]] a [[Bob Dylan]], pasando por [[Marcel Proust]], [[William Faulkner]], [[Albert Camus]], [[Franz Kafka]], [[Ayn Rand]], [[Friedrich Nietzsche]], [[Henry Miller]], [[Yukio Mishima]], [[Gabriel García Márquez]], [[Jack Kerouac]], e [[Joseph Heller]], practicamente tódolos grandes escritores do [[século XX]] medraron sob a sombra do novelista ruso. Non faltan, porén, voces disidentes, entre outros [[Vladimir Nabokov]], [[Henry James]] ou [[Joseph Conrad]]. O novelista americano [[Ernest Hemingway]] menciona tamén na súa autobiografía a influencia que lle supuxo a obra de Dostoievski. Malia morrer en [[1880]], considérase decote que a obra de Dostoievski tivo nos movementos filosóficos e psicolóxicos modernistas do século XX:
 
Liña 90:
 
{{ORDENAR:Dostoievski, Fiodor}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua rusa]]