Marcial del Adalid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20:
'''Marcial del Adalid Gurrea''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[24 de agosto]] de [[1826]] e falecido en [[Lóngora, Liáns, Oleiros|Lóngora]] ([[Liáns, Oleiros]]) o [[16 de outubro]] de [[1881]], foi un compositor musical galego.
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Patio do pazo de Lóngora.JPG|miniatura|Pazo de Lóngora, residencia de Marcial del Adalid.]]
Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal, onde empezou xa a compor. En 1844 viaxou a [[París]] coa intención de estudar con [[Frédéric Chopin]], pero isto non chegou a suceder. Trasladouse a [[Londres]], onde entre 1844 e 1849 estudou con [[Ignaz Moscheles]]. De volta a París, parece ser que recibiu consellos de [[Franz Liszt|Liszt]]. De volta a España viviu algúns anos en [[Madrid]] e viaxou logo a París, onde intentou infrutuosamente estrear a súa ópera ''Inese e Bianca'', con libreto italiano de [[Achille de Lauzières]]. Esta ópera, a primeira obra deste xénero en galego, foi estreada modernamente pola [[Universidade da Coruña]] o 21 de abril de 2007 en versión de concerto. Retirouse despois ó seu pazo de Lóngora, onde residiu compoñendo ata a súa morte, un tanto apartado da vida musical. Está considerado como o pai da canción clásica galega.
 
== Obra ==
A súa obra está principalmente composta para piano e voz, e amosa unha gran influencia de [[Frédéric Chopin|Chopin]] e [[Charles Gounod]]. Musicou moitos dos poemas da súa dona, a escritora [[Fanny Garrido]]. Tamén se interesou pola música galega e reuniu folclore galego para o ''[[José Inzenga|Cancionero de Inzenga]]''. En [[1877]] publicou os seus primeiros cadernos da colección ''Cantares viejos y nuevos de Galicia'', a súa obra mais interpretada. A publicación non finalizou ata despois da súa morte, chegando a vinte seis cancións, quince delas orixinais e nove harmonizacións de melodías tradicionais. [[Maurice Ravel]] empregou o seu ''Adios meu meniño, adios'' na súa ''Chanson espagnole'', incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.
 
=== Obra escénica ===
* ''Inese e Bianca''.
* ''Pedro Madruga''.
 
=== Orquestra ===
* Varias marchas para orquestra.
* Serenata para orquestra de cordas.
 
=== Piano ===
* 3 sonatas.
* 2 Sonatinas para piano a catro mans.
* Nocturnos.
* Baladas.
* Impromptus.
* Elexías.
* Romanzas sen palabras.
 
Música de cámara:
* Cuarteto de cordas.
* [[Sonata]] en mi bemol para [[violín]] e [[piano]].
 
=== Cancións ===
* 25 Cantares vellos e novos de [[Galicia]].
* Un centenar de ''mélodies'' francesas sobre poemas de [[Lamartine]], [[Victor Hugo]] etc.
* Lied sobre [[Goethe]].
* Outras cancións en castelán, italiano e latín.
* Motetes corais en latín.
 
[[Ficheiro:Calle Marcial del Adalid.001 - La Coruña.JPG|miniatura|Rúa Marcial del Adalid na Coruña.]]
== Recoñecementos ==
A [[Real Academia Galega de Belas Artes]] ‘Nosa Señora do Rosario’ entrega a Medalla de Oro ‘Marcial del Adalid’ a institucións e músicos non profesionais.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]].
* ''[[Diciopedia do século 21]]''
* [http://www.realacademiagalega.org/inicio/-/asset_publisher/E4jf/content/id/184071 Dispoñible en liña 'Marcial del Adalid' (1965)] [[RAG]]
* Ritmo: revista musical ilustrada: [http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=30&path=1000202819&presentacion=pagina 480-1978] e [http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=26&path=1000202853&presentacion=pagina 493-1979]
* ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''
 
{{ORDENAR:Adalid Gurrea, Marcial}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]