Ludwig Feuerbach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Ludwig Andreas Feuerbach''', nado o [[28 de xullo]] de [[1804]] en [[Landshut]] e finado o [[13 de setembro]] de [[1872]] en [[Nuremberg]]-[[Rechenberg]], foi un [[Filosofía|filósofo]] [[Alemaña|alemán]].
 
== Traxectoria ==
Feuerbach é recoñecido pola súa teoloxía humanista e pola influencia que o seu pensamento exerce sobre [[Karl Marx]]. Abandona os estudos de [[Teoloxía]] para tornarse alumno do filósofo [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]], durante dous anos, en [[Berlín]]. En [[1828]], pasa a estudar ciencias naturais en [[Erlange]] e dous anos despois publica anonimamente o primeiro libro, ''Pensamentos sobre Morte e Inmortalidade''. Nese traballo ataca a idea da inmortalidade, sustentando que, despois da morte, as cualidades humanas son absorbidas pola natureza. Escribe ''Abelardo e Heloísa'' ([[1834]]), ''Piere Bayle'' (1838) e ''Sobre Filosofía e Cristianismo'' (1839). Na primeira parte desta última obra, que influencia Marx, discute a "esencia verdadeira ou antropolóxica da relixión". Na segunda parte analiza a súa "esencia falsa ou teolóxica". De acordo coa súa filosofía, a relixión é unha forma de alienación que proxecta os conceptos do ideal humano en un ser supremo. Ao atacar relixiosos ortodoxos entre 1848 e 1849, anos de turbulencia política, é considerado un heroe por moitos revolucionarios. Morre en [[Rechenberg]], na [[Alemaña]].
 
== A teoloxía é antropoloxía ==
O home para Feuerbach está articulado en dous momentos: cada un é individuo singular, mais portador da esencia universal.
 
Liña 16:
O Deus xudaico equivale á alienación dos dous primeiros caracteres.
Cristo equivale á alienación do terceiro. O home estaba case convencéndose de que Deus era o Home, mais a fe levouno de volta á situación relixiosa.
O home pola súa fraqueza non admite os seus erros, deposítaos nun "outro".
 
== O Home é aquilo que come ==
A situación material en que o home vive é que o cría.
 
Feuerbach nega o concepto da existencia primeiro da idea e despois a materia. Para el a mazá real precede a idea da mazá. Afirma que deberíamos entender a Hegel de cabeza para baixo. Para Feuerbach, Hegel describe o home de punta-cabeza.
 
== Véxase tamén ==
{{Wikiquote}}
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro| autor =García Tato, Isidro| título =Ludwig Feuerbach| ano =2003| publicación =A Coruña: Baía Edicións| id = ISBN 978-84-96128-30-9}}
 
{{ORDENAR:Feuerbach, Ludwig}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos de Alemaña]]
[[Categoría:Personalidades do ateísmo]]