Eduardo Ruiz Pons: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Eduardo Ruiz Pons''', nado en [[Padrón]] o [[19 de setembro]] de [[1819]] e finado en [[Porto, Portugal|Porto]] en [[1865]], foi un mestre, [[avogado]] e [[político]] galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Involucrouse na vida universitaria da época. Trabou amizade con [[Antolín Faraldo Asorey]] e [[Ramón de la Sagra Peris]], entre outros revolucionarios. Xunto ao comandante [[Miguel Solís]] levantáronse en [[1846]] contra o ditador [[Ramón María Narváez y Campos|Narváez]], reclamando un novo estatuto para Galiza, que non tiña representación no goberno. Madrid enviou ao xeneral [[José Gutiérrez de la Concha|de la Concha]], que os derrotou en [[Cacheiras, Teo|Cacheiras]] ([[Teo]]). Os doce xefes militares foron sometidos a una farsa de xuízo e fusilados o [[26 de abril]] en [[Carral]] (episodio dos [[Mártires de Carral]]). Eduardo Ruiz tivo que emigrar, sendo amnistiado tralo cambio de réxime, e concedéuselle a Cruz do valor.
 
En [[Madrid]] exerceu como avogado, estudou [[Ciencia]]s e publicou artigos en ''[[La Discusión (Madrid)|La Discusión]]'', do que foi director, o que lle provocou enfrontamentos. Posteriormente foi profesor de historia natural nos institutos de [[Oviedo]], [[Pontevedra]] e [[Zaragoza]]. Foi elixido deputado nas eleccións de [[1854]] pola xurisdición da [[A Coruña|Coruña]]. Nas Cortes votou contra a [[monarquía]], polo que tivo que emigrar de novo. O Goberno español informou ao francés, sendo detido 21 días en [[Bordeos]]. Tras unha nova amnistía instalouse en Zaragoza, onde publicou un programa democrático, motivo polo que foi procesado en [[1861]] e condenado a 1.000 pesetas de multa e 12 anos de cadea. Foi absolto ao ano seguinte, e marchou a [[Xénova]] para unirse con [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]], pero este non o aceptou. Entón instalouse en [[Porto, Portugal|Porto]], onde publicou un libro sobre democracia. Alí faleceu en 1865.
 
== Obras ==
* ''Historia de la causa formada en Zaragoza el año de 1861 contra el ex constituyente D. Eduardo Ruiz Pons y consortes'', 1864.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXDSP.fmt&DOCS=1-1&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28RUIZ+PONS%29.DIPU. Ficha no Congreso dos Deputados]
 
{{ORDENAR:Ruiz Pons, Eduardo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]