Xudaísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
amplío intro a partir de es:judaísmo
Liña 3:
[[Ficheiro:Menorah 0307.jpg|miniatura|A menorá de sete brazos é un antigo símbolo do xudaísmo. Usábase no templo do antigo Xerusalén.]]
{{Contén texto hebreo}}
O termo '''Xudaísmo''' (do [[lingua hebraica|hebreo]] '''יהדות''' ''Yahadut'', do termo '''יהודה''' ''Yehudá'') refírese á [[relixión]], á tradición, á cultura ou á forma de vida do pobo xudeu. É a máis antiga das tres relixións [[monoteísta]]s,<ref>Philip Wilkinson, ''Religions'', Londres: Dorling Kindersley, 2008; ''Religiões'', Río de Janeiro: Zahar, 2011, pp. 61-83. Tamén Gabrielle Sed-Rajna, ''L'Abécédaire du Judaïsme'', París: Flammarion, 2000; Éric Smilevitch, ''Histoire du Judaïsme'', París: Presses Universitaires de France, 2012; ''The Religions Book'', ed. G. Jones y G. Palffy, Londres: Dorling Kindersley, 2013; ''O Livro das Reiligiões'', ed. Carla Fortino, San Pablo: Globo, 2014, pp. 166-199; Josy Eisenberg, ''Une Histoire des Juifs'', París: CAL, 1970; Simón Dubnow, ''Manual de la Historia Judía'', Buenos Aires: Sigal, 1977; Michael Brenner, ''Kleine Jüdische Geschichte'', Múnich: C.H. Beck, 2008.</ref> as chamadas «relixións do Libro» ou «[[Relixións abrahámicas|abrahámicas]]» xunto co [[cristianismo]] e o [[islam]], e a menor delas en número de fieles. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte importante dos fundamentos históricos das outras dúas relixións.
O '''Xudaísmo''' (do [[lingua hebraica|hebreo]] '''יהדות''' ''Yahadut'', do termo '''יהודה''' ''Yehudá'') é a [[relixión]], tradición, ou forma de vida do pobo xudeu. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte dos fundamentos históricos de moitas outras relixións, incluíndo o [[Cristianismo]] e o [[Islam]].
 
Aínda que non existe un corpo único que sistematice e fixe o [[Dogma|contenido dogmático]] do xudaísmo, a súa práctica baséase nas ensinanzas da [[Torá]], tamén chamada [[Pentateuco]], composto por cinco libros. Á súa vez, a Torá ou o Pentateuco é un dos tres libros que conforman o [[Tanaj]] (ou [[Antigo Testamento]], segundo o cristianismo), aos que se atribúe inspiración divina.
 
Na práctica relixiosa ortodoxa, a [[tradición oral]] tamén desempeña un papel importante. Segundo as crenzas, foi entregada a [[Moisés]] xunto coa Torá e conservada desde a súa época e a dos profetas. A tradición oral rexe a interpretación do texto bíblico, a codificación e o comentario. Esta tradición oral foi transcrita, dando nacemento á [[Mishná]], que posteriormente sería a base do [[Talmud]] e dun enorme corpo esexético, desenvolvido ata o día de hoxe polos estudosos. O compendio das leis extraídas destes textos forma a lei xudía ou [[Halajá]].
 
O trazo principal da fe xudía é a crenza nun [[Deus]] omnisciente, omnipotente e providente, que tería creado o universo e elixido ao pobo xudeu para revelarlle a lei contida nos [[Dez Mandamentos]] e as prescricións rituais dos libros terceiro e cuarto da Torá. Consecuentemente, as normas derivadas de tales textos e da tradición oral constitúen a guía de vida dos xudeus, aínda que a observancia das mesmas varía muoito duns grupos a outros.
 
Outra das características do xudaísmo, que o diferencia das outras relixións monoteístas, radica en que se considera non só como unha relixión, senón tamén como unha [[tradición]], unha [[cultura]] e unha [[nación]].<ref>{{cita web |autor=Daniel J. Elazar |título=Jewish Religious, Ethnic and National Identities: Convergences and Conflicts |url=http://www.jcpa.org/dje/articles2/jewreleth.htm |dataacceso=29 de novembro de 2015 |lingua=inglés}}</ref><ref>{{cita libro |apelidos=Avineri |nome=Shlomo |título=La Idea Sionista |ano=1983 |editorial=La Semana Publicaciones Ltda. |páxina=23 |lingua=es}}</ref> As outras relixións transcenden varias nacións e culturas, mentres que o xudaísmo considera a relixión e a cultura concebida para un pobo específico. O xudaísmo non esixe dos non xudeus unirse ao pobo xudeu nin adoptar a súa relixión, aínda que os conversos son recoñecidos como xudeus en todo o sentido da palabra. Así mesmo, xudeu foi comisionado polas súas [[Neviim|escrituras]] a ser «luz ás nacións» e propagar o [[monoteísmo ético]] por todo o mundo. A relixión, a cultura e o pobo xudeu poden considerarse conceptos separados, pero están estreitamente interrelacionados. A tradición e a cultura xudía son moi diversas e heteroxéneas, xa que se desenvolveron de modos distintos en diferentes comunidades e cada comunidade local incorporou elementos culturais dos distintos países aos que chegaron os xudeus a partir da [[Diáspora|dispersión]].
 
== Movementos xudaicos ==
Liña 156 ⟶ 164:
== Xudaísmo en Galicia ==
Na Casa da Cultura de Ribadavia pode visitarse o [[Centro de Información Xudía de Galicia]], espazo cultural para lembra-la presenza dos xudeus en Galicia, os seus oficios, a súa relixión e a inquisición.
 
==Notas==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==