Francisco Javier Rodríguez Gil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Francisco Javier Rodríguez Gil''', nado en [[Bermés, Lalín|Bermés]] ([[Lalín]]) o [[17 de abril]] de [[1797]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[19 de xullo]] de [[1857]], foi un filólogo [[Galicia|galego]], autor do primeiro [[Diccionario gallego-castellano (1863)|dicionario galego moderno]].
 
== Traxectoria ==
Sobriño de [[Xosé Rodríguez González]] (coñecido como ''Matemático Rodríguez''), naceu en Bermés en 1797. Cursou estudos eclesiásticos e xa ordenado [[sacerdote]] conviviu en Santiago de Compostela co seu tío, Xosé Rodríguez González, que influíu no seu talante liberal e no seu empeño en dignificar o galego. Foi membro destacado e bibliotecario da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]], e tamén rexentou algún tempo a biblioteca da [[USC|Universidade]].
 
== O dicionario galego castelán ==
Dedicouse a recompilar un [[Diccionario gallego-castellano (1863)|vocabulario galego]], seguindo de cerca ao [[Frei Martín Sarmiento|Padre Sarmiento]] e publicou varias entregas na revista ''[[Galicia. Revista Universal de este Reino]]'', editada na [[A Coruña|Coruña]] polos irmáns De la Iglesia. Cando Francisco morreu, [[Antonio de la Iglesia González|Antonio de la Iglesia]] recopilou a súas notas e publicounas en [[1863]].
 
Este primeiro dicionario galego, que conta con 3.834 entradas<ref>Antón Santamarina ''Los diccionarios gallegos y su versión electrónica'' en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) ''Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic''. Universitat Jaume I, 2006, páxina 197</ref>, aínda que só 2.184<ref>No manuscrito orixinal hai ademais 1.256 entradas sen definición segundo Santamarina</ref> son da autoría de Francisco Javier Rodríguez, foi a base dos publicados despois por [[Juan Cuveiro Piñol|Cuveiro Piñol]] e [[Marcial Valladares Núñez|Marcial Valladares]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
{{Cita libro |título= A Comarca do Deza|nome= Armando|apelidos= Vázquez Crespo|ligazónautor= Armando Vázquez Crespo|coautores= González Alén, Daniel |ano= 1989|editor= Deputación Provincial|localización= Pontevedra|isbn= 84-89690-21-9|páxina= |páxinas= 506-507}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/10/06/o-filologo-bermes/890673.html O filólogo de Bermés]
 
{{ORDENAR:Rodriguez Gil, Francisco}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da lingüística galega]]
[[Categoría:Lexicógrafos]]