Diferenzas entre revisións de «Arthur Wellesley, duque de Wellington»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
Wellington é comparado con frecuencia co [[John Churchill, Duque de Marlborough|duque de Marlborough]], con quen comparte numerosos riscos, especialmente o paso á política despois dunha exitosa carreira militar. Wellington foi por dúas veces primeiro ministro cos [[tory|conservadores]], e ademais exerceu como figura destacábel na [[Cámara dos Lores]] até o seu retiro en [[1846]].
 
== Traxectoria ==
Arthur Wellesley era o terceiro fillo de Garret Wesley, 1º conde de Mornington. Cóidase que naceu, ben en [[Dublín]], ben nas posesión familiares do condado de [[Meath]], [[Irlanda]], daquela posesión británica. A data do seu nacemento non se coñece con certeza: aínda que el celebraba o 1 de maio, corresponde ao rexistro parroquial, e o normal era bautizar varios días despois do natalicio. O seu nome orixinal, Arthur Wesley foi cambiado legalmente en marzo de [[1798]].
 
En 1806, Wellesley é elixido parlamentario por [[Rye]] ([[Sussex]]) por seis meses na [[Cámara dos Comúns]] do Reino Unido. No ano seguinte, é elixido por [[Newport]] ([[Illa de Wight]]), que representará durante dous anos. Durante este período, está afiliado aos ''[[Partido Conservador do Reino Unido|tories]]''. En abril de [[1807]], é designado para o «consello privado do rei», mais a súa carreira política veuse interrompida ao ser destinado ao continente para loitar nas guerras napoleónicas.
 
=== Guerra contra Napoleón ===
Wellesley serviu na desgraciada expedición conxunta anglo-rusa ao Norte de [[Alemaña]] en [[1805]]. Despois da [[batalla de Austerlitz]], retornaron sen cumprir os obxectivos. A actuación como comandante suplente nunha expedición a [[Dinamarca]], en [[1807]], valeulle o ascenso a tenente xeneral.
 
Faleceu en [[Walmer Castle]] o [[14 de setembro]] de [[1852]]. O seu corpo foi trasladado por ferrocarril a Londres, onde se celebrou un funeral de estado, cerimonia que só se ten rendido a uns poucos británicos (entre eles [[Horacio Nelson|Nelson]] e [[Winston Churchill|Churchill]]) e foi inhumado na [[catedral de San Paulo de Londres]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galespa.com.ar/martiresdaliberdade.htm El cuarto ejército de gallegos: proclama de Wellington]
 
{{ORDENAR:Wellesley, Arthur}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Militares do Reino Unido]]
393.002

edicións