Lucas Labrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Lucas José de los Dolores Labrada Romero''', nado en [[Ferrol]] o [[18 de outubro]] de [[1762]] e falecido na [[A Coruña|Coruña]] en agosto de [[1842]], foi un [[Ilustración|ilustrado]] galego, autor dunha descrición económica de [[Galiza]].
 
== Traxectoria ==
En 1784 era empregado do [[Real Consulado da Coruña]], obtendo en 1787 a praza de porteiro da mesma institución. En 1790 presenta un ''Plan de gobierno de los porteros'' e auxilia ao enxeñeiro de obras do Consulado. Despois ocupou durante catro anos a secretaría do organismo de xeito interino. Máis tarde intentou acceder, sen éxito, á [[cátedra]] de [[Matemáticas]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. En 1802 accedeu ao posto, xa fixo, de secretario do Real Consulado.
 
Liña 9:
A súa obra máis importante foi a ''Descripción económica del Reyno de Galicia'', publicada en Ferrol en 1804. Nesa obra, valéndose en ocasións de correspondentes, levanta acta do estado económico do reino a fins do [[século XVIII]]. O libro constitúe unha preciosa fonte historiográfica, utilizada constantemente. A [[Editorial Galaxia]] fixo unha reedición en [[1971]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Artigo "LABRADA, José Lucas" da [[Gran Enciclopedia Galega]].
 
 
{{ORDENAR:Labrada Romero, Lucas}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público]]
[[Categoría:Nados en Ferrol]]