Friedrich von Schlegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
hannover > hannóver
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 12:
Entre 1800 e 1801 Schlegel foi lector na Universidade de Jena. Estableceuse en París algúns anos coa escritora e tradutora Dorothea Veit, da que se namorou en Berlín anos antes e que era parente do crítico literario [[Moses Mendelssohn]]. En París Schlegel estudou [[sánscrito]] e fundou, en 1803, o xornal ''Europa''. Traballou editándoo até 1805. En 1804 casou ó fin con [[Dorothea Veit]], e volveu a Alemaña, en concreto a Colonia (1804-1807). Tras converterse ó [[catolicismo]] en 1808 viaxou a Viena, onde traballou no Ministerio de Asuntos Exteriores austríaco. Alí coñeceu ó escritor [[Joseph von Eichendorff]]. Serviu no exército austríaco entre 1809 e 1810.
 
Fundou e editou ''Deutsches Museum'' (1812-1813) e publicou o seu ''Über die Sprache und Weisheit dern Indier'' («Do idioma e a sabedoría dos indios») (Heidelberg, 1808) onde aplica ó [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]] a metodoloxía da [[filoloxía comparada]], na que se lle considera un pioneiro. Valéndose das observacións de Sir [[William Jones]] sobre as similitudes entre o sánscrito e outras linguas, [[lingua latina|latín]], [[lingua grega|grego]] e [[lingua persa|persa]], proclamou Schlegel que a [[India]] era o berce da civilización occidental. O paralelismo entre lingua e raza fíxolle falar da raza común dos arios que se desprazou a Europa e falaría unha ''Ursprache'' nai de tódalas linguas. Nos seus últimos anos sostivo unha gran admiración cara á obra de [[Goethe]], en especial a súa ''Wilhelm Meister''.
 
Constituíuse no portavoz ideolóxico da liberación alemá do xugo napoleónico e apoiou á [[Santa Alianza]] e a [[Metternich]]. Desde 1815 a 1818 serviu como secretario da legación austríaca na Confederación Xermánica, en Frankfurt. En Viena preparou a edición das súas obras completas (10 vols.). Entre 1820 e 1823 editou o xornal católico ''Concordia''. Morreu en Dresde o 12 de xaneiro de 1829.
Liña 23:
 
{{ORDENAR:Schlegel, Friedrich}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]]