Diferenzas entre revisións de «Zacharias Werner»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Friedrich Ludwig Zacharias Werner''', nado en [[Kaliningrado|Königsberg]] ([[Prusia]]) o [[18 de novembro]] de [[1768]] e finado en [[Viena]] o [[17 de xaneiro]] de [[1823]], foi un poeta, dramaturgo e predicador [[Alemaña|alemán]].
 
== Traxectoria ==
Estudou [[Dereito]] na Universidade de Königsberg, e foi ás clases de [[Immanuel Kant]]. Na súa perspectiva vital recibiu tamén a influencia de [[Jean-Jacques Rousseau]] e os seus seguidores alemáns. Tivo unha vida irregular, cunha serie de matrimonios desgraciados. Con todo, o seu talento foi recoñecido axiña, e en 1793 converteuse en secretario de cámara da administración prusiana en [[Varsovia]]. En 1805 obtivo un despacho en [[Berlín]], pero dous anos despois deixou a administración pública para comezar a viaxar.
 
No curso das súas viaxes, por correspondencia, coñeceu moitas figuras literarias eminentes da época, como [[Goethe]] en [[Weimar]] ou [[Germaine de Staël]] en [[Coppet]]. En [[1811]], en [[Roma]] uniuse á [[Igrexa Católica]]. Foi ordenado sacerdote en 1814 en [[Aschaffenburg]], e durante un tempo mudou a pluma polo púlpito, converténdose nun predicador popular en [[Viena]], onde durante un congreso en 1814 os seus elocuentes sermóns foron escoitados por un nutrido público. Tempo despois foi nomeado sacerdote da catedral de [[Kamianets-Podilskyi|Kaminiec]].
 
== Obras ==
[[Ficheiro:Reclam-Heft 1870.jpg|dereita|miniatura|200px|''Martin Luther oder Die Weihe der Kraft'', 1870.]]
 
* ''Die Mutter der Makkabäer'' (1820)
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* ''[[Fra Vernero]]''
 
{{ORDENAR:Werner, Zacharias}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]]
393.002

edicións