Diferenzas entre revisións de «Pío VII, papa»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
Cabía, pois, esperar un entendemento entre ámbalas dúas xerarquías. Produciuse, en efecto, e quedou plasmado no [[Concordato]] que Francia e a Santa Sé firmaron en 1801. O papa regresara a Roma e volvera a ocupar o seu trono nela. De alí partiu en 1804 cara a [[París]] para oficiar a coroación como emperador de Napoleón I; o pontífice limitouse a unxilo, pois foi o propio Napoleón quen se coroou a si mesmo, seguramente recordando e non querendo que se repetisen as circunstancias en que foi investido emperador [[Carlomagno]] mil anos antes. As aspiracións do novo emperador eran demasiado ambiciosas como para supeditalas a unha boa harmonía co príncipe da igrexa, polo que a aparente avinza entre eles feneceu tan pronto como a ríxida postura papal supuxo un estorbo na estratexia imperial de Bonaparte. Foi, dun lado, a negativa de Pío VII en 1806 a sumarse ó bloqueo contra [[Inglaterra]] que Napoleón quería impor ás nacións continentais e, doutro, a resistencia do papa ante a permanente tentativa do emperador de controlar a igrexa francesa, o que provocou a violenta reacción deste. En 1809 apoderouse dos Estados Pontificios, que incorporou co imperio francés e retivo a Pío VII como prisioneiro en [[Savona]]. Máis tarde levouno deportado a Francia, onde quedou reducido a cativerio en [[Fontainebleau]].
 
En marzo de 1814, tras unha serie de fracasos militares colleitados polas armas imperiais, e pouco antes de que Napoleón se vise obrigado a abdicar, o papa foi posto en liberdade. Puido regresar a Roma e facerse cargo do goberno dos territorios de pertenza eclesiástica. O [[Congreso de Viena]] de 1815, do que xurdiu a reordenación da [[Europa]] postnapoleónica, ratificou a existencia dos estados pontificios baixo xurisdición dos papas, se ben se viron lixeiramente minguados nunha pequena franxa de terreo que permaneceu en poder de [[Austria]]. Aínda ó propio Pío VII, que dera mostras de comprensión das fórmulas democráticas de goberno, pareceulle que a súa aplicación a terceiros países podía constituír un réxime aceptable, pero que no caso dos estados da igrexa era ir demasiado lonxe. Derrogou a maior parte das disposicións lexislativas aprobadas durante o período de ocupación francesa, se ben, como trazo de modernidade e porque os tempos que corrían así o demandaban, mantivo na [[constitución]] coa que dotou ós seus estados a supresión dos dereitos [[feudalismo|feudais]] da nobreza.
 
Faleceu en Roma o 20 de agosto de 1823 e foi sepultado na basílica vaticana (sculptor [[Thorwaldsen]]).
== Véxase tamén ==
{{Commons|Pope Pius VII}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Papas]]
393.002

edicións