Abraham Gottlob Werner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 14:
Em [[1769]] matriculouse na Escola de Minas da Universidade Técnica de Freiberg (''Freiberger TU Bergakademie ou Technische Universität Bergakademie Freiberg''). Pasou en [[1771]] para a universidade de [[Leipzig]] (''Universität Leipzig''), onde estudou [[dereito]] e máis tarde [[ciencias naturais]], [[minería]] e [[mineraloxía]], sendo alí alumno de [[Johann Carl Gehler]] (1732-1796).
 
En [[1775]] foi convidado por [[Carl Eugenius Pabst von Ohain]] para que ocupara os cargos de inspector e instructor de [[mineraloxía]] na Escola de Minas de [[Freiberg]], onde despois sería profesor e onde traballaría até o seu falecemento.
 
A fama de Werner atraeu estudantes de toda Europa e até de América. Entre os seus alumnos cóntanse nomes como [[Alexander von Humboldt]], [[Franz von Baader]], [[Leopold von Buch]] e [[Friedrich Mohs]], entre os alemáns, pero tamén [[Robert Jameson]], que chegaria a ser un afamado profesor na universidade de [[Edimburgo]], o hispano-mexicano [[Andrés Manuel del Río]], descubridor do [[vanadio]], e [[José Bonifácio de Andrada e Silva]], mineraloxista insigne e home político do seu tempo, hoxe mais coñecido como patriota fundador do [[Brasil]].
 
No ano [[1791]] Werner foi nomeado director do Servizo de investigación xeológica e mineira de [[Saxonia]] (''Geognostische Landesuntersuchung Sachsens''), unha entidade cuxa creación defendera entusiasticamente. A partir de [[1816]], xa enfermo, contou coa axuda do seu asistente [[Carl Amandus Kühn]], que chegaría a ser un reputado científico e professor, continuador do traballo de Werner despois do seu falecemento.
 
Werner nunca casou e non deixou descendencia. Ávido coleccionista, iniciou a súa colección de minerais cando tiña tan só 9 anos de idade. En [[1814]] xa tiña máis de 10&nbsp;000 espécimes, legando esta colección á Escola de Minas de Freiberg, que hoxe mantén no seu ''campus''.<ref> [http://www.tu-freiberg.de/allgemein/international/index.en.html Technische Universität Bergakademie Freiberg].</ref>
 
=== Ciencia ===
Liña 31:
Con base nesta crenza, que a moderna ciencia probou non ser verdadeira, Werner propuxo a teoría do [[neptunismo]], defendendo que todas as [[rocha]]s tiñan a súa orixe na evolución dos océanos, formándose no seu seo nun período remoto en que toda a superficie terrestre fora inundada polas augas dun océano primordial. Os sedimentos depositados polas augas deste océano darían orixe aos continentes e formarían os estratos rochosos hoxe visíbeis na superficie.
 
Segundo esta teoría, a que Werner asociaba a unha controvertida chegada á [[estratigrafía]], primeiro se formarían as rochas [[magma|magmáticamagmáticas]]s, sobre as cales se depositarían secuencialmente as [[Rocha metamórfica|metamórficas]] e [[sedimento|sedimentarias]] e, finalmente, os [[sedimento]]s non consolidados do presente.
 
Esta teoría tivo numerosos defensores, dando orixe a diversas variantes, e foi moi difundida a finais do [[século XVIII]], especialmente por ser conciliábel coa historia bíblica do [[Diluvio|diluvio universal]].
Liña 40:
Abraham Gottlob Werner foi homenaxeado en [[1851]] cun monumento concibido polo Profesor [[Johann Eduard Heuchler]] e colocado na prestixiosa ''Promenaden zu Freiberg'' (a alameda que á beira do río no centro de Freiberg).
 
A '''[[wernerita]]''' é unha variedade de [[escapolita]], un [[Silicato_%28minerais%29Silicato (minerais)#Tectosilicatos|tectosilicato]] común, que se denominou así na súa honra.
 
En [[1848]], tamén a Asociación mineralóxica de Dresde (''Mineralogische Gesellschaft zu Dresden'') construíu un monumento en honra de Werner no cemiterio de Annen (''Annenfriedhof'') de [[Löbtau]] e conseguiu que aquela cidade dese o nome de Wernerstraße a unha das súas rúas.
 
A Sociedade Alemá de Mineraloxía (''Deutsche Mineralogische Gesellschaft'')<ref>[http://www.dmg-home.de/ Deutsche Mineralogische Gesellschaft]</ref> instituíu na sa honra a "Medalla Abraham Gottlob Werner" <ref>[http://www.dmg-home.de/A-G-Werner.html Abraham-Gottlob-Werner-Medaille]</ref>, un galardón que se outorga aos científicos que alcancen gran distinción no campo da mineraloxía e ciencias conexas.
Liña 85:
 
{{ORDENAR:Werner, Abraham Gottlob}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da xeoloxía]]