Luzón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 69:
O [[8 de decembro]] de [[1941]], a aviación xaponesa ataca as bases norteamericanas en Luzón, lanzando unha campaña que ía dar pé á aterraxe de forzas de ocupación xaponesas en varias partes da illa. As maiores aterraxes producíronse no [[golfo de Lingayen]] o [[22 de decembro]]. Debido á superioridade das forzas xaponesas, as tropas filipinas e estadounidenses comezaron unha serie de retiradas por fases cara á [[península de Batán]], onde esperaban poder resistir ata que chegasen reforzos de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e evitar o uso polos xaponeses da [[baía de Manila]] a través do control da [[illa do Corrixidor]] na punta sur de Batán. A [[batalla de Batán]] tivo lugar durante varios meses, pero as forzas filipinas e estadounidenses foron finalmente atafegadas pola superioridade xaponesa. As forzas xaponesas completaron a ocupación de Luzón, a pesar de que eran hostigadas polas guerrillas filipinas e norteamericanas, en moitos casos loitando nos mesmos lugares onde as forzas de Estados Unidos foron acosadas durante a [[guerra Filipino-Americana]]
 
Tras as primeiras aterraxes nas illas de [[Leyte]] e [[Mindoro]], forzas de Estados Unidos llegarón a Luzón, no golfo de Lingayen, o [[9 de xaneiro]] de [[1945]]. Seguindo a mesma ruta cara ao sur que tomaron os xaponeses entre 1941 e 1943 avanzaron cara a Manila e loitaron contra os xaponeses na [[Batalla de Manila]] desde febreiro a marzo dese mesmo ano. As tropas norteamericanas tamén aterraron en moitos outros sitios da illa e dirixiron os seus esforzos a liberar aos prisioneiros de guerra dos campos de [[Cabanatuan]] e de [[OsLos Baños]]. Debido ao avance dos americanos, as forzas xaponesas retiráronse ás montañas de Luzón desde onde combateron longamente contra as forzas estadounidenses durante o verán de 1945. Luzón e o resto de Filipinas foron oficialmente liberados o [[5 de xullo]] de [[1945]].
 
== División administrativa ==