Gregorio Ferro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Gregorio Ferro Requeijo''', nado en [[Lamas, Boqueixón|Lamas]] ([[Boqueixón]]) o [[24 de decembro]] de [[1742]] e finado en [[Madrid]] o [[22 de xaneiro]] de [[1812]], foi un pintor galego.
 
== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai. Trasladouse a [[Santiago de Compostela]] e ingresou como servinte ou "rapaz de sacristía", no [[mosteiro de San Martiño Pinario]], onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura. Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a [[Madrid]] con quince anos, e entrou na [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] da man de [[Antonio Mengs]]. Despois marchou a [[Roma]] a completar a súa formación e alí gaño varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en [[1781]] Académico de San Fernando grazas a un cadro do ''Martirio de San Sebastián''. En [[1788]] foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de [[Francisco Bayeu]], para pasar a ser o seu Director de Pintura en [[1791]] logo da renuncia de [[Francisco de Goya]]. En outubro de [[1804]] a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] o [[4 de novembro]]. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.
 
Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en [[Madrid]] e [[Aranjuez]], incluíndo varios frescos no [[Palacio Real de Madrid|Palacio Real]] e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais de outras obras menores na zona de [[Rexión de Murcia|Murcia]], [[provincia de Cuenca]] e [[Galicia]] sobre todo.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* José Luis Morales y Marín, [http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/hist/03698405344605473332268/ima0003.htm «El pintor Gregorio Ferro (1742-1812), Director General de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Noticias documentales sobre la última etapa.»], ''Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando''. Primer semestre de 1997. Número 84. en liña na [[Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes]].
 
{{ORDENAR:Ferro, Gregorio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XIX]]