Edmund Burke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Edmund_Burke2.jpg|miniatura|200px|Edmund Burke.]]
 
'''Edmund Burke''', nado en [[Dublín]] o [[12 de xaneiro]] de [[1729]] e finado en [[Beaconsfield, Inglaterra|Beaconsfield]] o [[9 de xullo]] de [[1797]]) foi un escritor, filósofo e político [[Irlanda|irlandés]], membro do partido [[whig]], apoiou a causa dos [[Revolución americana| revolucionarios americanos]] e opúxose á [[Revolución Francesa]], figura central da facción [[conservadorismo|conservadora]] dos whigs, está considerado creador dos alicerces filosóficos do [[conservadorismo moderno]].<ref>Andrew Heywood (2003) ''Political Ideologies: An Introduction''. Third Edition Palgrave Macmillan, p. 74</ref> Considerado o pai do liberal-conservadorismo [[Gran Bretaña|británico]] ou ''old whigs'' (vellos liberais), en contraposición aos ''new whigs'' (novos liberais ou liberal-progresismo) que a diferenza dos primeiros apoiaban a [[Revolución francesa]].
 
== Formación ==
 
Fillo de pai [[anglicanismo|anglicano]] e nai de orixe católica convertida ao anglicanismo; educouse desde 1743 no [[Trinity College]] de Dublín. Serio, estudoso e ambicioso, como testemuñan as cartas aos seu primeiro mestre, coñecía os autores gregos e latinos, interesándose pola política, filosofía, ética e mais a estética. Graduouse en 1748 e dous anos despois marchou a [[Londres]] para cursar dereito.
 
=== Primeiras obras ===
 
En 1756 escribiu ''A Philosophical Enquiry into the Origin of our Ideas of the Sublime and Beautiful'', onde esboza unhas teorías estéticas claramente [[neoclasicismo|neoclásicas]], edificando o obxecto sublime arredor da [[estética do terror]] e gardando unha relación directa co poder, ao xeito [[absolutismo|absolutista]] do seu tempo. Tamén formula o exercicio estético do sublime preciso para exercer as emocións da [[ataraxia]] propia da condición de vida da burguesía; O libro atraeu a atención de pensadores continentais como [[Denis Diderot]] e [[Inmanuel Kant]]. En 1757 deu ao prelo a primeira parte de ''Abridgement of the History of England'', e en 1759 comezou a publicar o ''Annual Register''.
 
=== Activismo político ===
 
Foi secretario privado de William Gerard Hamilton, o secretario xefe do [[Lord Tenente de Irlanda]] e desde 1765 do primeiro ministro inglés [[Charles Watson-Wentworth]]. En 1766 entrou na Cámara dos Comúns, onde salientou polas facultades oratorias e a fondura do seu pensamento, defendendo posturas de cariz liberal, como as reinvindicacións das colonias americanas, a liberdade de comercio ou a oposición á persecución dos católicos.
 
Ocupouse das cuestións coloniais norteamericanas nas obras ''American Taxation'' (1774) e ''Conciliation with the Colonies '' (1775). Entre 1762 e 1765 interesouse pola cuestión da [[India]].
 
En 1773 foi a [[París]], onde coñeceu a [[María Antonieta de Austria|María Antonieta]] e na tertulia de [[Julie de Lespinasse]], aos [[enciclopedistas]]. Esta viaxe acentuou as súas ideas [[conservadorismo| conservadoras]], que se decantaron polo [[consuetudinarismo]], converténdose no máis moderado dos liberais. Foi ''Paymaster'' en 1783 no goberno [[William Henry Cavendish-Bentinck|Portland]] e ao ano seguinte tras a vitoria de [[William Pitt o Novo|Pitt]], reduciu as súas actividades políticas.
 
=== Reflexións sobre a Revolución francesa ===
 
En 1787 presentouse na cámara a acusación contra Hastings, e deu inicio o proceso contra el. Por entón aumentaron as súas diverxencias con [[Charles James Fox]], acentuadas en febreiro de 1790 ao publicar ''[[Reflections on the Revolution in France]]'' (1790). Burke, tenaz opositor desa revolución, discordaba profundamente con Fox e nesa obra na que inaugura a súa denomidada 'epistemoloxía da política', un modelo de empirismo político, rexeitaba o escaso respecto pola tradición legal consuetudinarista dos novos principios legais emanados da [[Revolución Francesa]], que lle semellaban abstractos de máis e desconsiderados cs casos individuais.
 
=== Polémica cos naturalistas ===
Liña 30:
 
{{ORDENAR:Burke, Edmund}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en 1729]]