Diferenzas entre revisións de «Denis Diderot»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(táboa de escritor)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Denis Diderot''', nado en [[Langres]] o [[5 de outubro]] de [[1713]] e finado en [[París]] o [[31 de xullo]] de [[1784]], foi un [[escritor]] e filósofo [[Francia|francés]] pertencente ao movemento literario da [[Ilustración]].
 
== Traxectoria ==
Pertencía á burguesía provinciana que só podía ascender mediante a carreira eclesiástica, en [[1728]] deixou ditos estudos. O seu desexo de progresar socialmente levouno a [[París]], onde entrou en contacto cos círculos literarios máis avanzados e coñeceu a [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], [[D'Alembert]] e [[Condillac]]. Diderot gañouse a vida como tradutor. Máis tarde, baixo o influxo de [[Anthony Ashley Cooper|Shaftesbury]], escribiu e publicou en [[1746]] ''Pensamentos filosóficos'', nese mesmo ano logrou formar ao redor del o grupo de intelectuais que se fixo cargo da ''[[Encyclopédie|Enciclopedia]]''. É o autor máis completo do [[século XVIII]] francés, pois compuxo obras de todo tipo de xéneros que se poden encadrar nas tres tendencias literarias da época: [[Rococó]], nos seus comezos, [[Neoclasicismo]] e [[Prerromanticismo]], a partir do seu compromiso coa ''Enciclopedia''.
 
En [[1785]] [[Catarina II de Rusia]] adquiriu a biblioteca de Diderot, asignándolle a cambio unha pensión. Diderot residiu en [[San Petersburgo]] entre [[1773]] e [[1774]] dedicándose a elaborar proxectos de reforma. Durante os últimos anos da súa vida colaborou na obra ''Raynal, Historia das dúas Indias'', onde se considera que o comercio é o factor básico do progreso e da civilización.
 
== Obras ==
=== Primeira etapa ===
A súa ''primeira etapa'', ata [[1753]], significa a súa entrada no mundo literario francés. Os seus primeiros traballos son xa moi polémicos. En ''Pensamentos filosóficos'' ([[1746]]), defende a supremacía da razón sobre Deus. A tese, exposta en ''Carta sobre cegos'' de que a intelixencia humana non se debe a Deus, senón que se forma a través da experiencia e por medio dos sentidos levarao ao cárcere acusado de [[ateísmo]].
 
O [[7 de xullo]] de [[1746]] o parlamento de París condenou o libro na fogueira porque era escandaloso e contrario á relixión.
 
=== Segunda etapa ===
A ''segunda etapa'' da súa obra esténdese entre os anos [[1753]] e [[1761]]. Neste período, o autor céntrase no proxecto da ''[[Encyclopédie]]'' onde a partir de [[1759]] colaborou con [[D'Alembert]] na súa edición. É a primeira en incluír contribucións de diversas persoas, [[Voltaire]], [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] ou [[Montesquieu]]. Tamén foi a primeira en incluír aspectos das artes mecánicas. En total comprendía 28 volumes con 71.818 artigos e 3.129 ilustracións. Para Diderot, o obxectivo da enciclopedia era "cambiar a forma de pensar da xente". O autor tamén se concentrou na produción teatral, pola que adquiriu renome. O teatro de Diderot apártase das modalidades tradicionais e configura un novo xénero coñecido como [[drama burgués]] e definido polos seguintes trazos:
 
Nesta etapa, Diderot tamén compuxo obras doutros xéneros. Na novela ''A relixiosa'' denuncia a hipocrisía da Igrexa e os intereses económicos ocultos tralas vocacións relixiosas. ''[[O sobriño de Rameau]]'' é unha obra que marca a evolución do autor cara o [[pesimismo]]. Trátase dun diálogo entre un filósofo (progresista, positivo e moral) e un parasito (bufón e medio louco) sobre o sentido da existencia. A discusión termina en empate, sen que Diderot deixe claro o sentido da existencia humana e dos esforzos reformadores ilustrados.
 
=== Terceira etapa ===
A ''terceira etapa'' da súa obra iníciase co recoñecemento internacional de Diderot en [[1761]]. A obra máis destacada desta etapa é ''[[Jacques o fatalista]]'', unha novela moi innovadora e libre na que o seu protagonista se sente perdido no labirinto do Estado. Con ela, Diderot abre a porta ao [[romanticismo]] e anticipa un dos temas máis relevantes da [[novela existencial]] do [[século XX]].
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Ilustración]]
* ''[[Encyclopédie]]''
* [[Jean Le Rond D'Alembert]]
 
{{ORDENAR:Diderot, Denis}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Escritores de Francia]]
393.002

edicións