Fernando de Casas Novoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Acibechería en lugar de Acibecharía
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Fernando de Casas Novoa''', nado ao redor de [[1670]] e falecido o [[25 de novembro]] de [[1749]], foi un arquitecto [[Galicia|galego]] [[barroco]] de talla mundial.
 
== Inicios ==
Naceu ao redor do ano [[1670]] nunha familia de clase baixa. Comezou con [[frei Gabriel de Casas]] a traballar no claustro do [[Catedral de Lugo|conxunto catedralicio]] de [[Lugo]]. Á morte do seu mestre, encargouse plenamente da execución das obras. Ten un só piso de altura considerable e é estruturado por parellas de pilastras con decoración vexetal semellante á de [[Domingo de Andrade]].
 
Liña 11:
Monroi contratou tamén con el o conxunto conventual das capuchinas da [[A Coruña|Coruña]], obra na que amosa unha grande autocontención decorativa, segundo o espírito franciscano. A igrexa do [[Convento de Santa María de Belvís|convento de Belvís]], en Santiago de Compostela, segue o mesmo espírito de sobriedade.
 
== Madurez ==
Pero o auténtico espírito creativo de Casas Novoa agromará na capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes, na [[catedral de Lugo]]. Cúpula sobre bóvedas de forno, arcadas que arrincan dos piares, rica policromía onde mandan os dourados, volutas, variada iconografía... capela e baldaquino constitúen conxuntamente unha das obras cumes do barroco galego.
 
O seu espírito inquedo e xenial distaba de esgotarse: a igrexa dos monxes bieitos do [[mosteiro de Vilanova de Lourenzá]], en particular a súa fachada esvelta e elegante, anuncia que o mellor está por chegar. Seguiu con traballos para a igrexa dos xesuítas na Coruña, a de San Andrés de Cedeira ([[Redondela]]) e para a sancristía, claustro e a portada principal do impoñente [[mosteiro de San Martiño Pinario]]. Mestre de Obras deste cenobio, deixou nel un traballo inmorredeiro: o [[retablo]] maior bifronte da igrexa beneditina. Esta realización, cos retablos laterais e os dous órganos na mesma igrexa constitúen un conxunto escénico e artístico de alto nivel a escala mundial. Tamén nesta basílica deseñou a capela de Nosa Señora do Rosario.
 
== Xenio inmortal ==
Por fin, a súa obra mestra é a colosal e lizgaira [[fachada do Obradoiro]] da catedral compostelá. O profusión decorativa esencialmente xeométrica e a estrutura ascensional, o formato cóncavo, a solidez e a verticalidade así como as membranas de vidro como solución lumínica marcan un fito arquitectónico sen parangón. A iconografía baseada na figura do Apóstolo Santiago, os seus pais, o seu irmán e os seus discípulos, así como a inspiración nun arco de triunfo clásico fan deste conxunto a apoteose do espírito xacobeo. Faleceu o [[25 de novembro]] de [[1749]], pouco antes de poder ver rematada a obra que o faría inmortal.
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.epdlp.com/arquitecto.php?id=5617 Biografía {{es}}]
 
{{ORDENAR:Casas Novoa, Fernando de}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Arquitectos de Galicia do século XVIII]]
[[Categoría:Arquitectos do Barroco]]