Jacob Roggeveen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
http://www.osterinsel.de/images/01-personen-02.jpg
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Jacob Roggeveen''', nado en [[Middelburg]] o [[1 de febreiro]] de [[1659]] e finado na mesma cidade o [[31 de xaneiro]] de [[1729]], foi un explorador [[Países Baixos|neerlandés]], comisionado para atopar a [[Terra Australis]] que descubriu accidentalmente a [[Illa de Pascua]].
 
== Traxectoria ==
 
Era fillo de Arend Roggeveen, erudito que interesado pola cartografía e a navegación, estudou a localización da mítica Terra Australis e en 1675 chegou a propoñerlle a súa procura ao parlamento holandés <ref>Paine, Lincoln P. (2000) ''Ships of Discovery and Exploration'' Houghton Mifflin Harcourt, p. 10</ref> Jacob estudou dereito e foi desde 1683 [[notario]] na súa cidade natal. En [[1706]] entrou nas [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]], exercendo como''Raadsheer van Justitie'' ("xuíz supremo") en [[Iacarta|Batavia]] desde 1707 ata a súa volta á súa cidade natal en 1714. Alí entrou nas controversias relixiosas locais da época, apoiando aó predicador liberal Pontiaan van Hattem co panfleto ''De val van 's werelds afgod'' ("A caída do ídolo mundial") que publicou na súa primeira parte en 1718, porén o concello confiscou a tiraxe, queimándoa en público. Jacob estableceuse na localidade próxima de [[Vlissingen]] e máis tarde na pequena vila de [[Arnemuiden]] tamén próxima, onde publicou a segunda e terceira parte do seu panfleto.
 
== Exploracións ==
[[ImaxeFicheiro:Roggeveen voyage.jpg|miniatura|300px|Itinerario da expedición de Roggeveen]]
 
Seguindo as ideas do seu pai, o [[1 de agosto]] de [[1721]] partiu ao servizo da [[Compañía Holandesa das Indias Occidentais]] cunha expedición que tiña o propósito de atopar a Terra Australis. Consistía de tres barcos, o ''Arend'', o ''Thienhoven'', e o ''Afrikaansche Galey'' e contaba con 223 tripulantes, entre eles o seu irmán Jan.
[[ImaxeFicheiro:Samoa $1 1972 Jacob Roggeveen.jpg|miniatura|esquerda|Moeda conmemorativa samoana dos 250 anos da chegada a Samoa de Jacob Roggeveen]]
 
Roggeveen dirixiuse cara ás [[Canarias]] seguíu por [[Trindade]] para se dirixir cara ao [[Estreito de Le Maire]] continuando ao sur ao longo do [[paralelo 60 sur]] para entrar no [[Océano Pacífico]] aportando preto de [[Valdivia]]. Visitou o [[Arquipélago Juan Fernández]], onde permaneceu do 24 de febreiro ao 17 de marzo, avistando a illa coñecida pola poboación local como Rapa Nui o [[5 de abril]] de [[1722]], domingo de Pascua e que bautizaron illa de Pascua <ref> Lal,Brij V. e Fortune, Kate (2000) ''The Pacific Islands: An Encyclopedia'', Volume 1. University of Hawaii Press, p. 151</ref> A expedición seguíu camiño polo [[Arquipélago Tuamotu]], as [[Illas da Sociedade]] e [[Samoa]], tras perder un dos navíos, o ''Afrikaansche Galey'' e coa tripulación exhausta, os navíos restantes diríxonse a Batavia, chegando o 5 de outubro, alí as autoridades arrestaron a Roggeveen por violar o monopolio da Compañía das Indias Orientais, confiscaron os navíos e venderon a carga. Posteriormente liberárono e compensaron á expedición polas perdas causadas, amais de pagar á tripulación. En 1723 Roggeveen volveu aos Países Baixos e publicou a cuarta parte de ''De val van 's werelds afgod''.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{ORDENAR:Roggeveen, Jakob}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:nados en 1659]]
 
[[Categoría:nadosNados en 1659]]
[[Categoría:Finados en 1729]]
[[Categoría:exploradoresExploradores]]