Juan de Alfaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Juan de Alfaro Gámez''', nado en [[Córdoba, España|Córdoba]] en [[1643]] e finado na mesma cidade en [[1680]], foi un pintor [[barroco]] andaluz.
 
== Traxectoria ==
Fillo dun fidalgo boticario, foi discípulo do pintor cordobés [[Antonio del Castillo]]. [[Antonio Palomino]], que gozou da súa protección, afirma que antes de cumprir os vinte anos foi enviado a Madrid con cartas de recomendación abondo para entrar a traballar baixo a disciplina de [[Velázquez]], afeccionándose durante a súa estanza na corte á pintura de [[Anthony van Dyck]], cuxas novidades introduciu logo en Córdoba.
 
De ascendencia nobre e notario do [[Santo Oficio da Inquisición]], ademais de administrador de Rendas Reais, «algo esvaecido do renome de pintor» segundo Palomino, quixo ser coñecido como "Don Juan de Alfaro". Pintor do Almirante de Castela, don Juan Gaspar Enríquez de Cabrera, Palomino alude a un elevado número de retratos feitos por el tanto en Córdoba como en Madrid, dos que unicamente se conservan os dalgúns membros da familia de don Juan Morales, cabaleiro vinte e catro da cidade de Córdoba, o de don Bernabé Ochoa de Chinchetru, cabaleiro da Orde de Santiago, datado en 1661 (Museo de Belas Artes de Córdoba), e algún máis na Galería de retratos de bispos de cordobeses.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{cita libro
| apelidos = Palomino
Liña 34:
}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.juntadeandalucia.es/cultura/iaph/sys/productos/PinturaMural/Biografia/alfaro.html Juan de Alfaro y Gámez en la pintura mural cordobesa] Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico {{Es}}.
 
{{ORDENAR:Alfaro Gamez, Juan}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores do século XVII]]
[[Categoría:Pintores do Barroco]]