Francisco de Quevedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Francisco Gómez de Quevedo y Santibáñez Villegas''', nado en [[Madrid]] o [[14 de setembro]] de [[1580]] e finado en [[Villanueva de los Infantes, Ciudad Real|Villanueva de los Infantes]] ([[Provincia de Cidade Real|Cidade Real]]) o [[8 de setembro]] de [[1645]], foi un [[escritor]] do [[Século de Ouro]] [[España|español]].
 
== Traxectoria ==
=== Formación ===
De familia fidalga e oriúnda de [[Cantabria]], a infancia de Quevedo transcorreu na Corte rodeado de potentados e nobres, xa que os seus pais desempeñaban altos cargos no Palacio. O pai, Francisco Gómez de Quevedo, era secretario da princesa María, esposa de Maximiliano de Alemaña, e súa nai, María de Santibáñez, era camareira da raíña. O rapaz, superdotado, de pés deformes, coxo de un, gordo e moi curto de vista, quedou orfo aos seis anos e refuxiouse nos libros dentro do Colexio Imperial dos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] de Madrid. En [[1596]] marchou á [[Universidade de Alcalá de Henares]], onde estudou ata [[1600]]. Pola súa conta profundou ademais en [[filosofía]], linguas clásicas, [[ Lingua árabe |árabe]], [[lingua hebrea|hebreo]], [[ Lingua francesa |francés]] e [[lingua italiana|italiano]]. En [[Valladolid]], ata onde foi seguindo a Corte trasladada alí polo [[Duque de Lerma]], estudou tamén [[teoloxía]], para a que faría posteriormente algunhas achegas, como o tratado contra o ateísmo ''Providencia de Deus''.
 
Xa por entón salientou como poeta e figurou na antoloxía xeracional de [[Pedro Espinosa]] ''Flores de poetas ilustres'' ([[1605]]), mais o conxunto da súa obra poética foi editado postumamente e pode clasificarse dentro do [[Conceptismo]] [[Barroco]]. Tamén cultivou a prosa, escribindo como xogo cortesán no que o máis importante era a presunción de enxeño, a primeira versión manuscrita dunha [[novela picaresca]], a ''Vida do Buscón'', e un certo número de curtos opúsculos burlescos co que gañou certa celebridade entre os estudantes e dos que habería de renegar na súa idade madura como brincadeiras de xuventude. Igualmente por esas datas sostivo un moi erudito intercambio epistolar co humanista [[Xusto Lipsio]], deplorando as [[guerra]]s que estremecían [[Europa]], segundo pode verse no ''Epistolario'' reunido por [[Luis Astrá Marín]].
 
=== Carreira co Duque de Osuna ===
[[ImaxeFicheiro:Quevedo (copia de Velázquez).jpg|miniatura|200px|esquerda|Retrato de Quevedo co hábito de Santiago.]]
Quevedo volve coa Corte a Madrid en [[1606]] e reside alí ata [[1611]] entregado ás letras. Nesta época gañou a amizade de [[Lope de Vega|Félix Lope de Vega]], do que recibiu numerosos eloxios nos seus libros de ''Rimas'' e ao que aprobou as ''Rimas humanas y divinas'' de Tomás Burguelos, o seu heterónimo. Tamén ten relación con [[Miguel de Cervantes]], quen lle dirixiu eloxios no ''Viaje del Parnaso'', aos que Quevedo corresponde na ''Perinola''. Con este último pertencía á Confraría de Escravos do Santísimo Sacramento. Pola contra, atacou sen piedade aos dramaturgos [[Juan Ruiz de Alarcón]], cuxos defectos físicos facíanlle graza (era de pelo rubio e chepudo), e [[Juan Pérez de Montalbán]], fillo dun libreiro co que Quevedo tivera certas disputas. Contra este último escribiu ''La Perinola'', cruel sátira do seu libro misceláneo ''Para todos''.
 
Mais o máis atacado foi, sen dúbida, [[Luis de Góngora]], ao que dirixiu unha serie de terríbeis sátiras acusándoo de ser un [[sacerdote]] indigno, de [[homosexual]], de escritor sucio e escuro, entregado á baralla, indecente e sombrío. No seu descargo hai que dicir que Góngora lle correspondeu case coa mesma violencia. Por entón estreitou unha grande amizade con [[Pedro Téllez Girón]], [[Duque de Osuna]], ao que acompañará como secretario a [[Italia]] en [[1613]]. Quevedo desempeñou para o duque diversas comisións que o levaron a [[Niza]], [[Venecia]] e finalmente a Madrid, onde subornará ("untará a man", escribe el) as vontades necesarias no corrupto contorno do [[Duque de Lerma]]. De resultas disto o seu amigo Osuna foi nomeado vicerrei de [[Nápoles]] en [[1616]]. Tras volver a Italia de novo co Duque, este encargoulle dirixir e organizar a Facenda do Virreinato e desempeñar outras misións, algunhas relacionadas coa espionaxe á [[república de Venecia]]. Como recompensa obtivo o [[Orde de Santiago|hábito de Santiago]] en [[1618]].
 
[[ImaxeFicheiro:Casaquevedo torredejuanabad.jpg|miniatura|250px|dereita|Casa de Quevedo en Torre de Juan Abad.]]
Ao caer o Duque de Osuna, Quevedo foi desterrado en [[1620]] á [[Torre de Juan Abad]] (Cidade Real), cuxo señorío comprara para el súa nai con todos os seus aforros antes de finar. Os veciños do lugar, porén, non recoñeceron esa compra e Quevedo preiteouu interminabelmente co concello, se ben o preito só se resolveu ao seu favor tras a súa morte, na persoa do seu herdeiro e sobriño Pedro Alderete. Illado xa das intrigas cortesás, Quevedo escribiu algunhas das súas mellores poesías, como o soneto ''Retirado en la paz de estos desiertos...'' ou ''Son las torres de Xorai...'' e achou consolo ás súas ambicións cortesás e a súa rachadela afectiva na doutrina estoica de [[Séneca]], cuxas obras estudou e comentou, converténdose nun dos principais expoñentes do [[Neoestoicismo]] español.
 
=== Carreira co Conde-Duque de Olivares ===
A entronización de [[Filipe IV de España|Filipe IV]] supuxo para Quevedo o levantamento do seu castigo, a volta á política e grandes esperanzas ante o novo valemento do [[Conde-Duque de Olivares]]. Quevedo acompañou o novo rei en viaxes a [[Andalucía]] e [[Aragón]], algunhas de cuxas divertidas incidencias conta en interesantes cartas. Por entón denunciou as súas obras á [[Inquisición]], xa que os libreiros imprimían sen o seu permiso moitas das súas pezas satíricas que corrían manuscritas, facéndose ricos á súa costa. Quevedo quixo asustalos e espantalos desa maneira e preparar o camiño a unha edición das súas obras que non chegou a aparecer. Por outro lado, levaba unha vida privada algo desordenada de solteirón: fumaba moito, frecuentaba as tabernas (Góngora acusábao de ser un borrachón e nun soneto satírico chamoulle don Francisco de ''Quebebo'') e os lupanares, pese a que vivía amancebado cunha tal Ledesma. Malia iso, en [[1632]] foi nomeado secretario do monarca, quen non era menos vividor, o que supuxo o cume da súa carreira cortesá.
 
Este era un posto suxeito a todo tipo de presións: o seu amigo, o [[Duque de Medinaceli]] foi fustrigado pola súa muller para que o obrigara a casar contra a súa vontade con dona Esperanza de Aragón, señora de Cetina, viúva e con fillos. O matrimonio, realizado en [[1634]], apenas durou tres meses e resolveuse ao fin nun divorcio de sona en [[1636]]. En contrapartida foron anos dunha febril actividade creativa: en 1634 publicou ''La cuna y la sepultura'' e a tradución de ''Introducción a la vida devota'' de [[Francisco de Sales]]; de entre [[1633]] e [[1635]] datan obras como ''De los remedios de cualquier fortuna'', o ''Epíteto'', ''Virtud militante'', ''Las cuatro fantasmas'', a segunda parte de ''Política de Dios'', a ''Visita y anatomía de la cabeza del cardenal Richelieu'' ou a ''Carta a Luís XIII''. En [[1635]] apareceu en [[Valencia]] o máis importante dun dos numerosos libelos destinados a difamalo, ''El tribunal de la justa venganza, erigido contra los escritos de Francisco de Quevedo, maestro de errores, doctor en desvergüenzas, licenciado en bufonerías, bachiller en suciedades, catedrático de vicios y protodiablo entre los hombres''.
 
=== Caída e retiro ===
[[ImaxeFicheiro:Hostal de San Marcos Leon.jpg|miniatura|250px|dereita|Hostal de San Marcos, [[ León, España |León]].]]
En [[1639]], con motivo do memorial aparecido baixo o pano do rei ‘‘Sacra, católica, cesárea, real Maxestade...’‘, onde se denuncia a política do Conde Duque, foi detido, confiscáronselle os seus libros e, sen apenas vestirse, foi levado ao frío [[convento de San Marcos de León]] ata a caída do valido e a súa retirada a [[Loeites]] en [[1643]]. Mais Quevedo saíra xa do encerro, achacoso e moi enfermo, e renunciou á Corte para se retirar definitivamente na Torre de Juan Abad. Foi na súa veciñanza, e tras escribir na súa última carta que ''"hay cosas que sólo son un nombre y una figura"'', onde faleceu no convento dos pais Dominicos de Villanueva de los Infantes, o 8 de setembro de 1645. Cóntase que a súa tumba foi violada días despois por un cabaleiro que desexaba ter as esporas de ouro con que fora enterrado e que tal cabaleiro morreu días despois, en castigo por tal atrevemento.
 
Liña 29:
 
== Análise da súa obra ==
O máis orixinal da obra literaria de Quevedo radica no estilo, adscribíbel ao [[Conceptismo]] barroco e polo tanto moi amigo da concisión, da [[ elipse (lingua) |elipse]] e do cortesán xogo de enxeño coas palabras mediante o abuso da [[anfiboloxía]]. Amante da retórica, ensaiou ás veces un estilo oratorio cheo de simetrías, [[antítese]] e isocola que luciu máis que nunca no seu ‘‘Marco Bruto’‘. De léxico moi abundante, creou ademais moitos [[neoloxismo]]s por [[derivación]], [[composición]] e [[estereotipo|estereotipia]] e flexibilizou notabelmente o mecanismo da [[aposición]] especificativa en castelán ("clérigo cerbatana, zapatos galeones..."), mecanismo que os escritores barrocos posteriores imitaron del. Na súa [[sátira]] acércase ás veces á [[estética]] do [[expresionismo]] ao degradar ás persoas mediante a reificación ou [[cousificación]], e a [[animalización]]. Sinalouse, ademais, como un trazo característico do seu verso, a [[esticomitia]], isto é, a tendencia a transformar cada verso nunha sentenza de senso completo, o cal fai ás súas poemas moi densos de significado, como era prioritario na súa poética, radicada nos principios do [[conceptismo]] barroco.
 
A maior parte da produción poética de Quevedo é satírica, mais como xa apercibiu o abate [[José Marchea]] as súas sátiras están mal dirixidas e, aínda que consciente das causas verdadeiras da decadencia xeral, é para el máis un mero exercicio de estilo que outra cousa e vértense contra o baixo pobo máis que contra a nobreza. Do mesmo xeito que outros escritores españois do século, coma [[Luis de Góngora]], Quevedo tamén participou de mofas e escarnios dirixidos contra Galiza e os galegos.<ref>[[Xosé Ramón Freixeiro Mato|Freixeiro Mato]] (2009) en [[Pilar García Negro|García Negro]], ''Sobre o racismo lingüístico'', [[Edicións Laiovento|Eds. Laiovento]]</ref> Nesta faceta satírica non tivo o atrevemento de, por exemplo, o outro gran satírico da súa época, [[Juan de Tassis e Peralta]], segundo [[Conde de Villamediá]].
Liña 68:
* ''Cartas del caballero de la Tenaza'' ([[1625]]), humorística descrición das epístolas intercambiadas entre un cabaleiro sumamente cutre e o seu amante, que quere sacarlle diñeiro por calquera medio.
 
=== Obras satírico-morais ===
Os ''Sueños'', compostos entre [[1606]] e [[1623]], circularon abundantemente manuscritos mais non se imprimiron ata [[1627]]. Trátase de cinco narracións curtas de inspiración Lucianesca onde se pasa revista a diversas costumes, oficios e personaxes populares da súa época. Son, por esta orde, ''El Sueño del juicio final'' (chamado a partir da publicación de ''Juguetes de la niñez'', a versión expurgada de 1631, ''El Sueño de las calaveras''), ''El alguacil endemoniado'' (redenominado ''El alguacil alguacilado''), ''El Sueño del Infierno'' (isto é, ''Las zahúrdas de Plutón'' na súa versión expurgada), ''El mundo por dentro'' (que mantivo o seu nome sempre) e ''El Sueño de la Muerte'' (coñecido como ''La visita de los chistes'').
 
Da estirpe dos ''Sueños'' son dúas chamadas "fantasías morales". Trátase do ''Discurso de todos los diablos'' e de ''La Hora de todos''. Ambas as dúas son tamén sátiras lucianescas de característico ton xocoso, aínda que na súa factura e creatividade superan aos ''Sueños'':
 
* ''Discurso de todos los diablos o inferno emendado'' (1628), publicado nalgunhas versións como ''El peor escondrijo de la muerte'' e, a partir de 1631, na versión expurgada na que aparecen tamén os cinco ''Sueños'' cos títulos cambiados que se enumeran máis enriba, co título de ''El entremetido y la dueña y el soplón''.
* ''La hora de todos y la Fortuna con seso'', variación sobre o tema do mundo ao revés en que a Fortuna recobra o xuízo e dá a cada persoa o que realmente merece, provocando tan gran trastorno e confusión que o pai dos deuses debe volvelo todo ao seu primitivo desorden.
 
A novela picaresca ''[[Historia de la vida del Buscón, llamado Don Pablos|Historia de la vida del Buscón, llamado Don Pablos; ejemplo de vagabundos y espejo de tacaños]]'' apareceu impresa en Zaragoza en 1626, mais existen tres versións máis da obra con grandes diverxencias textuais. O problema é complexo, pois todo parece indicar que Quevedo retocou a súa obra varias veces. A versión máis antiga é o manuscrito 303 bis (''olim'' Artigas 101) da Biblioteca de [[Menéndez Pelayo]] a causa do cotexo das variantes e a maneira en que uns testemuños se agrupan fronte a outros. A impresión de 1626 foi asumida, se non controlada, por Quevedo, segundo o propio autor declara no seu memorial ''Su espada por Santiago '' (1628) e a sinceridade das súas palabras é confirmada por outros datos, así que en realidade non pode sosterse que se fixera sen permiso do autor. Mais esta versión non foi a última, pois don Francisco volveu sobre ela para retocar algúns pormenores narrativos, amplificar o retrato satírico de varios personaxes secundarios e paliar as expresións que xulgaron irreverentes ou blasfemas os redactores de dous libelos antiquevedianos, o ''Memorial'' enviado á Inquisición contra os escritos de Quevedo (1629) e ''El Tribunal de la Justa Venganza'' (1635). Destes retoques dan fe os outros manuscritos.
Liña 85:
* ''El Rómulo'', 1632, do marqués [[Virxilio Malvezzi]]
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Francisco de Quevedo}}
Liña 95:
 
{{ORDENAR:Quevedo,Francisco de }}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de España]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]