Célula de Schwann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Mapa neuronal}}
As '''células de Schwann''' ou '''neurolemocitos'''<ref>María de Lourdes Eriksen Persson et al. Anatomia Humana Unidad I. Fasciculo 1. Generalidades de Anatomia. Google books. [https://books.google.es/books?id=e9uhJZSfY4sC&pg=PA115&lpg=PA115&dq=neurolemocitos&source=bl&ots=6gbpG_N2t4&sig=C5O0mfuF4xHowHvo2sVoWZ0uD5Q&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwiQsazazLXJAhVG7BQKHV_gC9MQ6AEIODAF#v=onepage&q=neurolemocitos&f=false] NOTA: Actualmente os nomes epónimos, derivados de nomes de persoas, como "célula de Schwann" son desaconsellados en terminoloxía anatómica, aínda que seguen utilizándose con gran frecuencia.</ref> ([[Terminologia Anatomica|TA]]: gliocytus periphericus, gliocito periférico) son as principais [[célula da glía|células da glía]] do [[sistema nervioso periférico]] (SNP). Reciben o seu nome polo fisiólogo alemán [[Theodor Schwann]], que as estudou. As células gliais, das cales hai varios tipos, teñen como misión apoiar ásas [[neurona]]s. As células de Schwann mielinizantes sitúanse arredor dos axóns das neuronas motoras e sensitivas, envolvéndoos e formando a vaíña de [[mielina]], que os illa electricamente. Algunhas células de Schwann non son mielinizantes.
 
As células de Schwann están implicadas en diversos aspectos importantes da bioloxía dos [[nervio]]s periféricos, como a condución de [[potencial de acción|impulsos nerviosos]] ao longo dos [[axón]]s, o desenvolvemento dos nervios e a súa [[rexeneración dos nervios|rexeneración]], a alimentación da neurona, a produción da matriz nerviosa extracelular, a modulación da actividade sináptica neuromuscular, e a presentación de [[antíxeno]]s aos [[linfocito T|linfocitos T]]. As células de Schwann están implicadas en [[neuropatía]]s do SNP como a [[enfermidade de Charcot-Marie-Tooth]], a [[síndrome de Guillain-Barré]], a [[schwannomatose]] e a [[polirradiculoneuropatía desmielinizante inflamatoria crónica]].
Liña 6:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Cultured schwann cell.jpg|miniatura|esquerda|alt=Schwann cell.|Célula de Schwann en cultivo.]]
As células de Schwann reciben o seu nome do fisiólogo alemán [[Theodor Schwann]], que as estudou. Sonson un tipo de [[célula da glía|células gliais]] que manteñen vivas as fibras nerviosas periféricas (tanto mielínicas coma amielínicas). Nos [[axón]]s mielinizados, as células de Schwann forman a [[vaíña de mielina]]. Esta vaíña non é continua. Unha célula de Schwann mielinizante pode cubrir uns 100 [[micrómetro]]s dun axón, os cales poden ter un metro ou máis de lonxitude. Isto supón unhas 10.000 células de Schwann por cada metro de axón, dispostas como unha ringleira de [[salsicha]]s. O espazo que hai entre unha célula de Schwann e a seguinte denomínase [[nodo de Ranvier]].
O funcionamento do [[sistema nervioso]] dos [[vertebrado]]s depende da vaíña de mielina para asegurar o illamento eléctrico e diminuír a [[capacitancia]] da membrana do axón. O [[potencial de acción]] salta dun nodo de Ranvier a outro, nun modo de propagación chamado [[condución saltatoria]], o cal pode incrementar a velocidade de condución ata dez veces, sen que se teña que aumentar o diámetro do axón. Neste senso, as células de Schwann fan no sistema nervioso periférico unha función análoga á que fan os [[oligodendrocito]]s no [[sistema nervioso central]]. Porén, a diferenza dos oligodendrocitos, cada célula de Schwann mielinizante illa electricamente un só axón. Esta disposición das células permite a condución saltatoria dos potenciais de acción polos [[nodo de Ranvier|nodos de Ranvier]]. Deste modo, a mielinización incementa enormemente a velocidade de condución e aforra enerxía.<ref>Kalat, James W. Biological Psychology, 9th ed. USA: Thompson Learning, 2007.</ref>