Diferenzas entre revisións de «Xoán Caboto»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(→‎En España: *da Asia>de Asia)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Giovanni Caboto''' ou, ás veces, '''Xoán Caboto''', nado contra o [[1450]] e finado en [[1499]], foi un comerciante, navegante e explorador [[Italia|italiano]] considerado coma un dos primeiros europeos da época moderna en chegar en [[1497]] á parte continental de [[Norteamérica]].
 
== Traxectoria ==
Xoán Caboto naceu sobre o ano [[1450]] en [[Xénova]], Italia, segundo din os documentos que falan da súa familia. Sobre o ano [[1461]] Caboto vivía en [[Venecia]] onde pasou a súa infancia e xuventude. No ano [[1482]], aproximadamente, casou coa tamén veneciana Mattea, coa que tivo tres fillos: Ludovico, Sebastián e Sancio.
 
Porén, nin España nin Portugal se interesaron por Xoan Caboto. Por un lado, os portugueses xa atoparan a ruta cara Asia a través do sur de África, pasando polo [[Cabo de Boa Esperanza]], e os españois tamén tiñan a súa ruta que Colón viñera de descubrir en [[1493]].
 
=== En Inglaterra ===
O resultado deste cúmulo de situacións foi a mudanza de intencións de Caboto, quen se dirixiu a [[Inglaterra]] na buqueda de oportunidades, xa que neste reino aínda non se iniciaran as exploracións a tanta escala como nos países peninsulares. Así pois, en [[1494]] Caboto instálase en [[Bristol]] coa súa familia e inicia relacións con mercaderes do porto e mesmo co rei [[Henrique VII de Inglaterra|Henrique VII]]. A súa idea asemellábase á de Colón e pretendía chegar á Asia dirixíndose cara o oeste atravesando o Atlántico norte, xa que consideraba que esa ruta era máis rápida que a recén descuberta por Colón.
 
[[Ficheiro:Matthew-BristolHarbour-Aug2004.jpg|miniatura|Matthew de Xoán Caboto.]]
 
== Viaxes ==
Henrique VII concedeulle a Caboto e ós seus tres fillos o dereito a buscar illas e países pagáns con cinco barcos que levarían a bandeira inglesa, baixo a que se sometían. A expedición partiu dende Bristol no ano [[1497]] e estaba encabezada por Matthew, e a bordo do mesmo chegaron a [[Terra Nova|Newfoundland]], [[Canadá]], crendo que chegaran ás costas asiáticas de [[Cipango]]. Caboto regresou a Inglaterra ó pouco tempo e un ano despois organizou outra viaxe na que se di que chegou ata [[Groenlandia]] polo norte e á [[baía de Chesapeake]] polo sur. A partir de [[1499]] non se tiveron máis noticias del.
 
Estes descubrimentos pode que non fosen de grande importancia económica, mais co tempo convertéronse na base para as reivindicacións inglesas sobre Norteamérica.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mgar.net/var/cias_ame.htm Historia - documentos americanos] {{Es}}.
 
{{ORDENAR:Caboto}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Exploradores]]
[[Categoría:Personalidades de Italia]]
393.002

edicións