Xoana de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Xoana de Avis''', nada o [[20 de marzo]] de [[1439]] e finada o [[13 de xuño]] de [[1475]], foi unha [[infanta de Portugal]] e [[reino de Castela|raíña de Castela]] desde [[1455]] ata a súa morte.
 
== Traxectoria ==
Xoana foi filla póstuma de [[Duarte de Portugal|Duarte I]], [[rei de Portugal]] ([[1391]]-[[1438]]) e da súa dona, a infanta [[Leonor de Aragón]]. Era neta materna de [[Fernando I de Aragón]] (fillo de [[Xoán I de Castela]] e de Leonor, infanta de Aragón) e da súa dona [[Urraca|Leonor Urraca de Castela]], señora de Alburquerque (neta do rei [[Pedro I de Portugal]] e de [[Inés de Castro]]) e paterna de [[Xoán I de Portugal]] (fillo de [[Pedro I de Portugal]] e de [[Teresa Lourenzo]] e de Dª [[Filipa de Lencaster]] (filla de [[Branca de Lencaster]] e de [[Xoán de Gante]], [[duque de Lencaster]] e neta de [[Eduardo III de Inglaterra]]). Descendía por parte da avoa materna e do avó paterno dos primeiros reis de Portugal, dos reis de Castela e de Aragón por parte do avó Fernando, e por parte da avoa Filipa dos primeiros reis Ingleses.
 
Liña 8:
Cando naceu Xoana, o seu pai xa morrera da peste, e o seu irmán máis vello, [[Afonso V de Portugal|Afonso V]], xa ascendera ó trono con só 6 anos. Xoana foi criada pola súa nai, a raiña rexente Leonor, ata os seis anos, cando quedou orfa e pasou a ser coidada polo seu tío, o [[duque de Coimbra]] e rexente ata [[1449]].
 
Afonso V casou á súa irmá Xoana co seu curmán [[Henrique IV de Castela]] (nese tempo xa reinaba como soberano de Castela), fillo de [[María de Aragón|María, infanta de Aragón]] (irmá máis vella da nai de Xoana) e de [[Xoán II de Castela]], en [[1455]], tendo ela apenas 16 anos e el xa 31.
 
Xoana tivo algunhas relacións fóra do matrimonio, das cales naceron algúns do seus fillos. Así, con [[Pedro de Castela e Fonseca]]:
Liña 17:
 
Xoana, infanta de Portugal foi rexeitada polo seu home, debido ás relacións extramatrimoniais en [[1474]] e volveu para [[Portugal]], onde falecería en [[1475]], con apenas 36 anos de idade, deixando á súa filla Xoana a Beltranexa, con apenas 13 anos, orfa.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en 1439]]