Guillem Sagrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
'''Guillem Sagrera''', nado en [[Felanitx]] cara a [[1380]] e finado en [[Nápoles]] en [[1456]], foi un arquitecto e escultor [[Mallorca|mallorquín]] dos períodos [[arquitectura gótica|gótico]] e [[gótico internacional]].
 
== Obra ==
=== En [[Perpiñán]] ===
As primeiras obras importantes de Sagrera aparecen en [[Perpiñán]], no [[Rosellón]], que fora capital do [[Reino de Mallorca]]. Alí aparece traballando en [[1416]] na [[catedral de San Xoán Bautista, Perpiñán|catedral de San Xoán Bautista]], cuxa construción estaba paralizada desde había décadas. Nesa data o administrador Galcerán Albert impulsa a súa prosecución. Sagrera está aquí, como [[mestre de obras]], até [[1422]], cargo no que continuará despois dese ano, aínda tendo regresado á illa de Mallorca. De feito cando en [[1436]], Galcerán Albert convértese en bispo da diocese, reimpulsa as obras que seguen as trazas de Sagrera. A sé de Perpiñán transfórmase nunha igrexa de planta de salón, moi típica nas terras mediterráneas.
Liña 13:
En [[1426]] acomete unha das súas obras máis completas: a [[Lonxa de Palma|Lonxa]] ou ''Llotja'' en catalán, encargada polo gremio de mercadores da cidade. Sagrera traballa na dirección do edificio até arredor de [[1447]]. As obras non sería terminadas até o [[1452]] polo seu continuador, [[Guillem Vilasclar]]. Na Lonxa, Sagrera creou un espazo abovedado sostido sobre delgadas columnas estriadas, que confiren ao salón unha elevado sensación de levedade. Segundo Pérez Sánchez, Sagrera debeuse inspirar na igrexa dos dominicos da mesma cidade de Palma, hoxe desaparecida. O arquitecto volveu traballar como escultor, destacando segundo os críticos polo o anxo da fachada, de factura máis lixeira que as imaxes da Sé. A lonxa de Sagrera converteuse nunha obra cimeira do gótico civil ibérico, tan escaso de exemplos, pero case todos erguidos nos reinos orientais hispánicos. Entre as edificacións que a imitan destaca a [[Lonxa de Valencia]].
 
=== En Italia ===
[[Afonso V de Aragón|Afonso o Magnánimo]] reclamou a Sagrera para Nápoles. Alí, xunto con o escultor catalán [[Pere Joan]], acometeu a reforma do [[Castel Nuovo de Nápoles|Castel Nuovo]]. Ao arquitecto débense a concepción xeral e as torres circulares. Sagrera trazou tamén no mesmo edificio a igrexa de [[San Giorgio de Castel Nuovo|San Giorgio]], templo no que segue os principios construtivos empregados na Lonxa de Palma.
 
A cargo das obras napolitanas, Sagrera faleceu en [[1456]].
 
== Véxase tamén ==
* [[Gótico internacional]]
* [[Perpiñán]]
Liña 25:
 
{{ORDENAR:Sagrera, Gillem}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Arquitectos de España do século XV]]
[[Categoría:Personalidades da escultura]]