Bonifacio IX, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 5:
'''Bonifacio IX''', nado co nome de '''Pietro Tomacelli''' en [[Nápoles]] cara a [[1356]] e finado en [[Roma]] o [[1 de outubro]] de [[1404]], foi un nobre napolitano e Papa nº 203 da [[Igrexa Católica]], entre [[1389]] e o seu falecemento. Foi o segundo Papa do [[Cisma de Occidente]].
 
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha familia nobre pero empobrecida.
 
Liña 16:
Trala morte de Clemente en [[1394]] a sé de Avignon elixiu Papa ao cardeal Pedro Martínez de Luna, que adoptou o nome de [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]]. As potencias europeas viron unha oportunidade de acabar co Cisma, e recorreron a un informe que a [[Universidade de París]] publicara en xaneiro de 1394, propondo tres vías non violentas para acabar co cisma:
 
* A ''via cessionis'' propugnaba a abdicación voluntaria e simultánea dos dous papas seguida dunha nova elección.
* A ''via compromissi'' supuña estudar os dereitos de ambos os dous Papas por unha comisión arbitral que decidiría quen era o Papa lexítimo.
* A ''via concilii'' defendía a convocatoria dun [[concilio ecuménico]] que decretase quen sería Papa.
 
Bonifacio IX rexeitou as tres solucións, mentres Bieito XIII só se opuxo totalmente á vía conciliar. A falta de acordo provocou a ameaza das potencias europeas aos pontífices de retirarlles os respectivos apoios, ameaza que só cumpriron os monarcas que apoiaban a Bieito, pero que non supuxo a fin do Cisma, xa que o Papa, malia non contar con apoios, seguiu sen someterse.
Liña 27:
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''Cubus de mixtione'' (Cubo de mestura), facendo referencia a que no escudo de armas da familia figuran uns cubos entrelazados.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Papas]]