Bertrand du Guesclin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Bertrand du Guesclin''' finado en [[1380]] en [[Chateauneuf-de-Rondon]], foi un condestable de [[Francia]], heroe da [[Guerra dos Cen Anos]].
 
== Traxectoria ==
Viña da baixa nobreza de [[Bretaña]] onde tomou parte nas guerras de sucesión dese [[Ducado de Bretaña|ducado independente]]. Loitou contra os ingleses en defensa desta. Resistiu en [[Rennes]] os ataques do Duque de Lancaster.
 
Pasou ao servizo de [[Carlos IV de Francia]] e dirixiu aos franceses contra os ingleses caendo varias veces prisioneiro. Nunha ocasión declarou ao xefe das tropas rivais, o [[Príncipe Negro]], que todas as mulleres de Francia estarían dispostas a pagaren o seu rescate aínda que tiveran que fiar as fiandeiras de toda Francia. Experto nunha guerra de desgaste acabou minando as posicións inimigas. En [[1364]] venceu sobre os anglo-navarros en Cocherel, [[Normandía]]. Os seus exércitos eran as temidas e eficaces [[Compañas Brancas]].
 
Tras a [[paz de Calais]], pasou a [[reino de Castela|Castela]] para axudar a [[Henrique de Trastámara]] contra o lexítimo rei [[Pedro I o Cruel]]. A súa intervención foi determinante na decisiva [[batalla de Montiel]] onde encontrou a morte este último. A el tamén se lle atribúe a frase: ''non quito nin poño rei pero axudo ao meu señor'', que outros poñen nos beizos do galego conde de Andrade.
 
[[Carlos V de Francia]] nomeouno condestable e, seguindo unha estratexia de evitar grandes batallas decisivas, foi recuperando importantes prazas fortes. Loitou tamén contra o seu ducado natal para colocalo baixo a autoridade do rei de Francia. Faleceu durante o asedio de Châteauneuf-de-Rondon.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Guerra dos Cen Anos]]