Fernando Ruiz de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Fernan Ruiz de Castro''', finado en [[1377]] en [[Bayonne]], foi un nobre galego do século XIV, III [[Conde de Lemos]], Trastámara e [[Sarria]] con carácter non hereditario. Foi un dos persoeiros galegos máis importantes e influentes da centuria do [[século XIV|XIV]]. Adaíl da causa de [[Pedro I de Castela|Pedro I]] na guerra civil de [[reino de Castela|Castela]], aparece coma insaciable canalizador das lealdades petristas. Mesmo logo da morte do monarca, continuaría coa súa cruzada ata o derradeiro alento gañando a pulso o alcume de ''toda a lealdade de España''.
 
== Os Castro ==
[[Ficheiro:Pedro_I_of_Castilla.jpg|dereita|miniatura|180px|'''Fernando Ruiz''' liderou a causa de [[Pedro I de Castela]] (na imaxe) na guerra civil castelá.]]
A liñaxe dos Castro xurdiu na vila burgalesa de [[Castrojeriz]] e pertence, xunto aos Lara ou aos Guzmán, ás cinco grandes familias emparentadas cos primeiros reis de [[Castela]]. Unha rama da familia pasou a [[Galiza]] no [[século XII]] onde se emparentaron coas [[Casa de Lemos|casas de Lemos]] e [[Casa de Sarria|Sarria]]. Dominaron Galiza e estiveron presentes nos feitos máis suliñables da súa historia, así coma na de [[Castela e León]], destacando no auxilio prestado aos seus monarcas nas campañas de conquista dos territorios musulmáns. O declive dos [[Casa de Traba|Trava]] permitiu que aos poucos fosen ocupando o seu lugar preeminente.
Liña 19:
A súa filiación á causa petrista semella pois evidente ao teor das mercedes obtidas e axiña se constituiría como a man dereita do rei, aínda que unha afronta ao seu honor trocaría as súas lealdades e acabaría apoiando a [[Henrique de Trastámara]]. Con anterioridade exerceu de testemuña nos esponsais celebrados en [[Valladolid]] entre Pedro I e Branca de Borbón no ano [[1353]]. Mais no [[1354]] a situación troca, alzarase ofendido en defensa da honra da súa irmá Xoana, sendo entón cando escoita a chamada do conde de Trastámara.
 
== A desnaturalización de Don Fernando ==
O infortunado evento aconteceu en [[Cuéllar]] ([[provincia de Segovia|Segovia]]), onde residía a viúva de don Diego de Haro, dona Xoana; os textos da época exaltan a súa beleza, realmente comparábel á da súa irmá Inés:
 
Liña 39:
Solucionado o incidente reclama tamén a man de Xoana, irmá do de Trastámara, coma lle prometeran, da cal, segundo afirma López de Ayala, estaba profundamente namorado e que coñecera na corte onde esta se criara. As nupcias contraéronse en Toro e seguidamente volveu a Galiza acompañado da esposa.
 
== Troco de lealdades ==
Cabe salientar un aspecto interesante a ter en conta que arrodea todo este asunto. O futuro [[Conde de Lemos]] apoiou ata a súa propia morte ao bando lexitimista cun fervor inusitado; que non é propio dun cabaleiro que se viu ultraxado. Abandona Toro sen render pleitesía a don Pedro coma fixeran outros cabaleiros, entre eles o seu irmán Alvar Pérez de Castro, para máis adiante aparecer ao carón do rei nos momentos complicados que salpicaron o seu reinado. ¿Por que esta actitude do galego? ¿Que lle fixo trocar radicalmente de postura? Fernando de Castro coñecía a inconformidade do monarca perante o seu matrimonio pois deste xeito emparentábase co seu maior inimigo.
 
Liña 57:
A década dos sesenta presentouse complicada para Pedro I, pola súa contra o de Trastámara ía paulatinamente gañando adeptos e o seu avance polo reino castelán semellaba imparable. A pesares da bravura esgrimida polo galego no [[1364]] perante os muros da cidade de [[València]], nada puido facer para evitar un grave afundimento militar. No [[1366]] Don Henrique avanzaba xunto as temibles ''Compañas Brancas'' comandadas polo bretón [[Bertrand Du Guesclin]] asoballando a todo aquel que se interpoñía ao seu paso.
 
== A Guerra Civil trasládase a Galiza ==
[[Ficheiro:Cruceiro Ourense Galiza.jpg|miniatura|esquerda|250px|Castelo de Monterrei onde se reuniron os partidarios petristas.]]
Amparado tralos muros de [[Sevilla]], Pedro I atopábase cada vez máis só e axiña se decatou de que Galiza se amosaba coma a resposta axeitada. Don Pedro decidiu entón reunirse con Fernando de Castro e outros galegos leais en xuño de [[1366]] en [[Monterrei]] ([[Verín]]). No [[Castelo de Monterrei|castelo]] desta vila tratáronse moitos temas de interese e discutíronse diferentes plans de acción.
Liña 69:
Deste feito podemos entresacar tres teorías que trocan por completo a tradicional percepción que sobre dito asasinato sempre se tivo:
 
* En primeiro lugar debemos presentar a tradicional idea que sobrevoa o tráxico fin do arcebispo compostelán. Don Pedro, perante as simpatías do eclesiástico cara Henrique, ordea impunemente a súa "execucion" inmediata: {{Cita|E mandó el rey a Fernán Pérez Churrichao, e a Gonzalo Gómez Gallinato, dos caballeros de Galicia que querían mal al arzobispo, que le estoviesen esperando con veinte de caballo a la puerta de la cibdad, e que le matasen; e ellos ficieronlo así (...) e allí finó delante del altar de Santiago. E el rey estaba ese día encima de la iglesia, donde veía todo isto: e tomó al arzobispo todo quanto avía...}}
:Verbas do cronista López de Ayala, que militará no bando trastamarista. A propaganda deste ilustre personaxe será ardua e numerosa.
 
* Unha segunda teoría acusa ao mesmo Henrique de Trastámara como o autor da orde de dar morte ao prelado. Baséase este razoamento en dous puntos:
# Don Pedro en ningún momento fai alarde ou mención do feito, algo estraño xa que sempre fixo gala dunha sinceridade brutal cando se trataba deste tipo de asuntos.
# Con motivo de desacreditar unha vez máis ao rei.
 
* E, finalmente, unha terceira vía podería suxerir que ambos os dous cabaleiros, Churruchao e Gallinato, actuaron pola súa conta baixo o descoñecemento do rei movidos pola profunda xenreira que sentían cara o arcebispo. Ayala fala desta malquerenza: ''...dos caballeros de Galicia que querían mal al arzobispo...''. Esta malquerenza ten a súa orixe nunha muller da que estaban namorados o arcebispo e o tal Fernán de Churruchao e que estaba casada con Alfonso Suárez de Deza. Morto o esposo ás mans dos soldados arcebispais e ocupadas por este certas terras do falecido, a despeitada muller falaría co Churruchao para acabar coa vida de don Suero. Esta teoría, con moita raigame popular, daría pé ó verso;
 
{{Cita|
Liña 84:
:por ciúmes dunha dama.}}
 
== Fernando de Castro, adail do Petrismo ==
Trala morte do arcebispo, Fernando de Castro recibiu todas as fortalezas da mitra compostelá, tamén en [[Santiago de Compostela|Santiago]] recibirá o título de conde de Lemos e os de Adiantado de Galiza e León. Con Pedro I na Baiona francesa, o conde de Lemos converteuse na cabeza da loita petrista e no rexente do trono; rexencia que indica a suma confianza do rei na lealdade do galego. Deseguida comezou a fustigar aos partidarios de don Henrique na Galiza, os cales axiña recibiron axuda do mesmo conde á cabeza dun exército. Este tomou gran parte de Galiza obrigando a Fernando de Castro e aos seus a refuxiarse tralas murallas de [[Lugo]]. O duelo entre Castro-Andrade ([[Fernán Pérez de Andrade, O Boo|Fernán Pérez de Andrade]], importante partidario galego do de Trastámara) non se fixo agardar, e durante dous meses o conde de Lemos freou os ataques inimigos e defendeu con gallardía a cidade. Unha vez máis e contemplando a imposibilidade de triunfar naquela lide, don Henrique optou por botar man da diplomacia e convencer a don Fernando da conveniencia de unirse á súa bandeira. Fernando de Castro negouse.
 
Liña 90:
 
As novas da reunión dun poderoso exército inglés e a súa inmediata marcha cara a península animaron ao conde galego a romper o pacto e a lanzarse a unha carreira de enfrontamentos e loitas contra os trastamaristas galegos coa firme idea de sometelos. O seu empuxe espectacular granxeoulle unha serie de vitorias decisivas que o fixeron o amo da Galiza; as excepcións foron Padrón, Allariz e Monterrei que resistiron a acometida petrista. Numerosas fortalezas e enclaves estratéxicos rendéronse sen presentar batalla, tal como é o caso chamativo de Xoan Pérez de Noboa que entregou a ponte de Ourense. Con Galiza practicamente baixo control dirixiuse a [[Zamora]], aínda leal a don Pedro, con dúas determinacións:
* Interceptar ao prior de San Xoán que acudía no auxilio dos enriqueños galegos.
* Socorrer [[Zamora]] e someter todos os territorios próximos á cidade.
 
Pacificadas as áreas de [[Astorga]] e [[León, España|León]], en abril de [[1367]] estivo na crucial [[batalla de Nájera]], que obrigou a fuxir a don Henrique a [[Aragón]], e demostrou claramente a superioridade do exército inglés sobor o castelán e as ''Compañas Brancas''.
 
== O fratricidio de Montiel ==
[[Ficheiro:Castelo de La Estrella.jpg|miniatura|350px|Castelo da Estrela, Montiel.]]
 
Liña 115:
Para desgraza de galegos e portugueses a fortuna viroulle as costas e nunha prodixiosa ofensiva o novo rei castelán penetrou profundamente no reino portugués. Fernando I abandonou deseguida [[A Coruña]] deixando a [[Nuno Freire de Andrade, mestre da orde de Cristo|Nuno Freire de Andrade]] (irmán de [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo|Fernán Pérez de Andrade]]) á fronte da súa defensa. Foi no sitio de Guimarães onde Fernando de Castro puido fuxir do seu cativerio. Facendo uso dun ardil pediu falar cos sitiados podendo entrar no recinto amurallado. Alí arengou aos portugueses de tal xeito que Henrique II de Castela viuse na obriga de abandonar o lugar. Instalado en [[Portugal]] recibiu do monarca luso importantes concesións territoriais e uniuse gostoso á loita entre ambas as dúas coroas.
 
== Os derradeiros estertores do petrismo ==
Nesta tesitura cruzou o [[río Miño|Miño]] e fíxose cun exército de vellos petristas co que fustigaría [[Galiza]] tomando dimensións desproporcionadas; a don Henrique non lle quedou máis remedio que enviar un numeroso continxente. No [[1370]] don Pedro Manrique e don Pedro Ruiz Sarmiento xunto ás famosas e temidas ''Compañas Brancas'' derrotaron ao conde de Lemos na [[batalla de Porto de Bois]] ([[Palas de Rei]], [[provincia de Lugo|Lugo]]); unha vez máis, e servindo de paralelismo, a Araviana fuxiu ao galope cara [[Portugal]]. Alí permaneceu lambendo as feridas e preparando novas sublevacións ata que a paz de Santarem en marzo de [[1371]] obrigou a Fernando I, entre outras cousas, a deportar aos furibundos petristas refuxiados no seu reino. Atrincheirado no castelo de Ourem, o de Castro negouse a volver a Castela, pero tivo que renderse ante a evidencia de que xa todo estaba perdido e non merecía a pena continuar por este camiño. A Guiena francesa, en mans inglesas, foi a terra que o acolleu.
 
Liña 131:
{{end box}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* García Oro, José, ''Galicia na Baixa Idade Media: Igrexa, Señorío e Nobreza'', [[A Coruña]], [[1999]].
* Guichot, Joaquin, ''Don Pedro I de Castilla: Ensayo de Vindicacion Crítico-Histórico de su Reinado'', [[Sevilla]], [[1878]].
* López de Ayala, Pero, ''Crónicas'', [[Barcelona]], [[1991]].
* Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo, ''Tenentes y Condes de Lemos en la Edad Media'', Coleccion Galicia Histórica, Fundación Barrié de la Maza, Tomos I e II, [[A Coruña]], [[2000]].
* Sanz, N. y Ruiz de la Peña, ''Don Pedro I de Castilla Llamado el Cruel'', [[Madrid]], [[1943]].
* Vazquez, Germán, ''Historia de Monforte y su Tierra de Lemos'', [[Monforte de Lemos]], [[1990]].
 
{{ORDENAR:Ruiz de Castro,Fernando}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]
[[Categoría:Condado de Lemos]]
[[categoríaCategoría:Artigos destacados sobre Galicia]]
[[Categoría:Finados en 1377]]