Inocencio III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 10:
Convocou o [[IV concilio de Letrán]] de [[1215]], por medio do cal ditou un regulamento que deu forma á [[Inquisición|Inquisición pontificia]].
[[Ficheiro:Innozenz3.jpg|esquerda|miniatura|200px]]
== Estado da Cristiandade á chegada de Inocencio ==
O Papado de Inocencio III iniciouse en medio de varias convulsións sociais. En varias rexións de Europa o [[feudalismo]] estaba cedendo terreo a unha nova sociedade [[burguesía|burguesa]], en medio da [[revolución do século XII]]. Á vez, os estados nacionais estábanse fortificando, e os reis, particularmente os de [[Francia]] e [[Inglaterra]], perfilábanse como novos actores de importancia no mapa político. En [[oriente]], a cristiandade debía lidar coa ameaza dun poder musulmán fortalecido por [[Saladino]], que conseguira desbancar á [[terceira Cruzada]]. Sendo a igrexa católica unha das entidades máis poderosas de Europa, non podía facerse oídos xordos a todos estes sucesos.
 
A propia igrexa atravesaba por un período complexo. Decrecera o pulo da [[orde cisterciense]], sustento da igrexa durante o século XII, e novas doutrinas como a dos [[catarismo|cátaros]], [[valdense]]s e [[patarino]]s estábanse propagando. Era evidente que o novo Papa debería actuar con resolución para manter o rol da igrexa.
 
== Mentalidade ==
Xogaron un papel na mentalidade de Inocencio a súa orixe nobre e aristocrática e a súa formación como teólogo e xurista especializado en dereito canónico. Deste modo, a Inocencio pareceulle natural aseverar que a igrexa Católica tiña a plena potestade (''plenitudo potestatis'') sobre toda a Cristiandade. Baseándose no texto de [[Evanxeo de Mateu|Mateu XVI]], no que Cristo confire as chaves do Reino dos Ceos a [[Pedro, papa|Pedro]], afirmou a plena soberanía da igrexa incluso sobre o [[Emperador]]. Reservábase Inocencio III o dereito a intervir en política cando, ó seu xuízo exclusivo, houbese razón de pecado (''ratione peccati'') no actuar dos príncipes, xa que estes estaban para velar só polo benestar físico dos seus súbditos, mentres que o Papa estaba para velar pola salvación das almas, empresa esta máis valiosa que a primeira en termos morais.
 
Para demostrar este ideario en signos prácticos, Inocencio III sempre prefería ser chamado co título de ''Vigairo de Cristo'', porque á súa persoa lle incumbía o trato dos asuntos do ceo e da terra. Parece ser que foi o primeiro dos Papas que se proclamou con este título.
 
== Política internacional ==
=== Relacións co Imperio ===
As ideas políticas de Inocencio víronse reflectidas á morte do Emperador [[Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]], onde impuxo a súa autoridade pontificia para autonomearse como árbitro e cualificador dos pretendentes ó trono, aínda que este anhelo fora estampado anteriormente na súa encíclica ''De contemptu mundi''. Sostiña que o Imperio procedía da Igrexa non só ''principaliter'' (na súa orixe), senón tamén nas súas fins (''finaliter''), polo que a pesar de que os príncipes electores alemáns tiñan o dereito xurídico de nomear un novo Emperador, esta elección debía ser ratificada polo Pontífice.
 
Porén, a súa política respecto a Alemaña sempre foi problemática. Promoveu a [[Otón de Brunswick]] como "antiemperador" da [[casa Welf]] contra [[Filipe de Suabia]], da [[casa Hohenstaufen]], pero cando este último foi asasinado en [[1206]] e Otón foi coroado en Roma como [[Otón IV]], ámbolos dous pelexaron. Recorreu entón Inocencio III ó seu pupilo, [[Federico II de Alemaña]], que á sazón gobernaba [[Sicilia]]. Otón invadiu Italia militarmente, pero debeu retirarse. Federico, á vez, invadiu Alemaña. O desastroso resultado da [[batalla de Bouvines]], que Otón librou contra [[Filipe Augusto de Francia]], en [[1214]], selou a súa sorte, e Federico alcanzou a coroa de Alemaña, sen desprenderse de Sicilia, o que puxo ó Papa nunha situación incómoda, que non logrou resolver debido ó seu falecemento.
 
=== Outras relacións europeas ===
Con respecto a Francia, Inocencio interveu nos problemas de [[Filipe II de Francia]] coa súa repudiada esposa. Neste terreo conseguiu converter a hostilidade inicial de Filipe nunha cooperación amistosa, que lle valeu a súa alianza contra Otón IV de Alemaña. Tamén Inocencio favoreceu a Filipe invitándoo á [[cruzada Albixense]].
 
Liña 35:
Estes e outros asuntos políticos demostraron que Inocencio se sentía realmente un Rei de Reis, con capacidade de arbitrio sobre a política europea.
 
=== Loita contra os herexes e os infieis ===
En pro de defender a [[cristiandade]] por riba de tódalas cousas, impulsou a cuarta [[cruzada]] a [[terra Santa]] en [[1202]]. Porén, os enredos de [[Venecia]], un dos principais financeiros da expedición, levou ós cruzados a tomar primeiro a cidade de [[Zara]], enclave bizantino na costa de [[Dalmacia]], e despois saquear dúas veces a cidade de [[Constantinopla]] en [[1204]], poñéndolle fin ó [[Imperio Bizantino]]. Todo isto pese ás excomuñóns coas que Inocencio fulminou ós cruzados, por volver as armas que debían ser dirixidas contra os musulmáns cara os irmáns cristiáns.
 
Ante o problema dos [[cátaro]]s, Inocencio enviou a varios legados, e autorizou as prédicas de [[Domingo de Guzmán]], para tratar de reconvertelos. En xaneiro de [[1208]] o asasinato de [[Pierre de Castelnau]], legado pontificio no sur de Francia, precipitou os acontecementos. Inocencio chamou á Cruzada para extirpar a herexía, dando orixe así á [[cruzada Albixense]]. Aínda que houbo núcleos de resistencia ata varias décadas despois, xa en [[1215]] Inocencio sentiuse seguro dos seus resultados, ata o punto de convocar un Concilio Ecuménico para resgardar a ortodoxia católica. Paralelamente, a Cruzada Albixense deulle un poderoso pulo a [[Francia]], ó permitírselle a anexión da rexión do [[Languedoc]].
 
== O Concilio de Letrán ==
Pouco antes de morrer, en 1215, convocou o [[IV Concilio de Letrán]], un dos máis importantes da época, no que se trataron temas políticos e en especial se ditaron deberes e dereitos para a maioría das clases sociais. Destaca ''Omnis Utriusque Sexus'', no que se obriga a tódolos adultos cristiáns a recibir os [[Sacramento (relixión)|sacramentosacramentos]]s da [[confesión]] e a [[eucaristía]] polo menos unha vez ó ano.
 
Por outra parte cabe destacar o seu incondicional apoio a [[Santo Domingo de Guzmán]], quen fundou a orde dos [[dominico]]s, e a [[san Francisco de Asís]], que foi creador da orde dos [[franciscano]]s e as [[clarisa]]s. Deste modo foi o precursor dunha importante reforma eclesiástica.
Liña 49:
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a el como ''Comes signatus'' (Conde Signado), facendo referencia á súa familia, os condes de Segni.
 
== Bibliografía ==
* [[Isaac Asimov]], ''A formación de Inglaterra''; Alianza Editorial, 1983. Páxinas 254-256. Sobre o problema de Stephen Langton.
* [[Paul Labal]], ''Os cátaros''; Editorial Crítica, 2000. Sobre a política de Inocencio III co catarismo.
* F. Degalli, ''Historia da Igrexa''. Editorial Codex S.A., 1963. Páxinas 147-148.
* [[Gerardo Laveaga]], ''El sueño de Inocencio''. Editorial Ediciones Martínez Roca. Impreso en México. Año 2006.Ascenso y caída del Papa más poderoso de la historia.
* [[Fernando Vallejo]], ''La Puta de Babilonia''. Editorial Planeta, 2007. Sobre as masacres cometidas por este e outros Papas e a relación da igrexa católica co poder.
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/contextos/972.htm Artehistoria: Triúnfo da ''plenitudo potestatis''] (en castelán)
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Papas]]